SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Con motivo da celebración do Samaín a biblioteca do IES organizou o I concurso de microrrelatos de terror. Os textos presentados tiñan que tratar sobre o medo ou o terror, non podían ter máis de 200 palabras e podía participar todo o alumnado do centro.

Na categoría A (1º e 2ª ESO) resultou gañador Israel Teijeiro Valoría (1º ESO) co seu microrrelato “Unha terrorífica noite de Samaín”

Na Categoría B (3º e 4ª ESO) a gañadora foi Mara Otero Palacios (4º ESO) con “A misteriosa historia”.

A entrega de premios tivo lugar o pasado 12 de novembro.

Parte do alumnado de 3º ESO axudou nos traballos de decoración da biblioteca para eses días de novembro. Ata o esqueleto do laboratorio se deixou caer pola biblioteca para festexar o Samaín!

 

María Lozano Paz (1º ESO)

 


 

 

 

MICRORRELATOS GAÑADORES

A MISTERIOSA HISTORIA

 Fai moito tempo, nace nun pobo un tanto especial unha nena. Unha nena á que lle chamaron Alma. Alma era a primeira nena do pobo, posto que todas as persoas que habitaban nel eran persoas maiores.

Pasados xa dez anos, Alma xa se sentía maior e preparada para que seu avó lle contase aquela historia que sempre lle lembraba antes de durmir.

A noite do 31 de outubro, ademais de ser o Samaín era o aniversario de Alma e seu avó prometéralle que lle ía contar esa historia da que tanto levaba oído falar ao longo destes anos.

Alma e seu avó encontrábanse sentados á beira do lume a mesma noite do 31 de outubro. Seu avó comezou. A terrorífica historia trataba sobre unha nena chamada Alicia. Facía xa máis dunha década estaba Alicia tan tranquila durmindo cando de súpeto espertou e nin sabía onde estaba nin con quen. A familia enterouse da súa desaparición a través dunha chamada anónima que recibiron, pero aínda agora seguen sen saber nada de Alicia.

Esa noite, a noite na que Alma soubo da historia, desapareceu do mesmo xeito que Alicia. Sen saber como nin por que.

Mara Otero Palacios (4º ESO)

UNHA TERRORÍFICA NOITE DE SAMAÍN

 Era a noite do 31 de outubro, os meus compañeiros de clase e eu estabamos dando unha volta por Ferreira, de súpeto escoitamos uns ruídos que procedían da igrexa, todos xuntos con moito medo, fúmonos achegando e descubrimos que eran uns gatiños que aínda non tiñan nin un mes:

 - Ahhh- dice Manuel. - Xa pensaba que esta noite iamos pillar outro camiño, o camiño do inferno.

 Todos comezamos a rir, ata que volvimos a sentir uns berros que parecían nenos chorando. Anobelámonos todos xuntos, mortos de medo e de súpeto dímonos conta que faltaba Manuel. Súas irmás non sabían que facer. Os berros eran cada vez máis fortes, agora xa parecían demos berrando. Estabamos desesperados, mortos de medo, case chorando e, de súpeto, na escuridade apareceu unha sombra.

 - Aaaaaaaaaaah! - berramos todos. Comezamos a correr coma tolos e a sombra detrais de nós ata que nos atopamos cun muro que non podiamos pasar…

 Estabamos sós ante o perigo, ata que nos dimos conta que era Manuel que nos perseguía, levaba o móbil cun vídeo de sons tenebrosos e non paraba de chorar da risa e de berrarnos:

 - Agora quen me río son eu – dixo – ha ha ha!

Israel Teijeiro Valoría (1º ESO)

Plan de adaptación á situación da COVID-19 para o curso 2021-22

Aprobouse o plan de adaptación á situación COVID-19 para este curso 2021-22, podedes consultalo:

Plan de adaptación

REUNIÓN DAS FAMILIAS COS TITORES/AS

Nesta semana celabrarase a reunión das familias cos titores/as, xefa de departamento e directora.

A cada unha delas, só poderá acudir un familiar por alumno/a, debendo usar máscara e realizar limpeza de mans á entrada do centro.

As datas son:

  • 1º de ESO: luns 25 de outubro ás 18.00 h.
  • 2º de ESO: luns 25 de outubro ás 19.30 h.
  • 3º de ESO: martes 26 de outubro ás 19.30 h.
  • 4º de ESO: martes 26 de outubro ás 18.00 h.

COMEZO DO CURSO 2021/22

O inicio do curso 2021/22 para 1º, 2º, 3º e 4º de ESO será o vindeiro mércores 15 de setembro de 11.00 a 12.00 h.

Consistirá nunha  presentación do alumnado cos titores e haberá autobús escolar.

Será obrigatorio o uso de máscara e o mantemento da distancia interpersoal de 1,50 metros.

As familias non poderán acceder ao centro.

 

En canto ao fondo de libros, a lista da adxudicación estará dispoñible dende este venres 10 de setembro na porta principal do instituto e poderán informarse chamando ao teléfono 982 870051.

 

Durante a próxima semana publicarase nesta páxina o plan de adaptación para este ano no que se indicarán todas as medidas sanitarias que aplicará o centro, serán moi similares ás do curso pasado, pero especifacaranse detalladamente nese plan.

 

BOLETÍN DE NOTAS E MATRÍCULA DE SETEMBRO

boletín de notas correspondente á avaliación extraordinaria de setembro entregarase o día:

Luns 6 de setembro ás 11.00 h 

 

matrícula para o curso 2021/22 poderá realizarse os días:

Luns 6 setembro: De 11.30 a 14.00 h

Martes 7 setembro: De 10.00 a 14.00 h

 

Os libros do fondo deberán entregarse o venres 3 e luns 6 de setembro en horario de 10.00 a 14.00 h. Rogamos que estén limpos e borrados.

IMPORTANTE:  Só poderán acceder ao instituto o alumnado e o persoal do centro, polo tanto non poderán entrar pais/nais nin acompañantes.

Para calquera consulta chamar ao tlf 982 870051 de 10.00 a 14.00 h.

CALENDARIO DAS PROBAS DE SETEMBRO

Os exames extraordinarios de setembro serán os días 1 e 2 e a entrega do boletín de notas será o día 6 ás 11.00 h. Podedes consultar o calendario dende aquí.

Listado de libros de texto para o curso 2021/22

O listado de libros de texto para o novo curso  2021/22 é case o mesmo que o do curso pasado, a única modificación produciuse na materia de Relixión para a que non haberá libro. Podedes acceder á nova lista dende aquí.

Final de curso, boletín de notas e matrícula

O vindeiro martes 22 de xuño será o último día de clase deste curso 2020/21.

As datas e horas da entrega do boletín de notas, matrícula e recollida de libros do fondo serán as seguintes:

 

Entrega de boletín de notas

Curso

Día e hora

1º e 2º de ESO

Xoves 24 de xuño ás 10.30 h

3º e 4º de ESO

Xoves 24 de xuño ás 11.30 h

 (Non haberá transporte escolar)

 

O alumnado que aprobara todas as materias en xuño terá que matricularse nas seguintes datas:

Matrícula para o curso 2021/22

Curso

Día 

1º ESO

Venres 25 de xuño

2º ESO

Luns 28 de xuño

3º ESO

Martes 29 de xuño

4º ESO

Mércores 30 de xuño


 Os libros do fondo entregaranse no momento que se faiga a matrícula. Aqueles alumnos/as que non aprobaran todas as materias na avaliación de xuño, non terán que entregar ningún libro ata setembro. Recordamos que deben vir borrados de lapis e sen estar en mal estado. 

 

O horario de atención ao público durante o verán (a partir do 23 de xuño), irá dende as 10.00 ata as 14.00 h

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Con motivo do Día das Letras Galegas, 1º e 3º de ESO, na materia de EPVA, realizaron un traballo para conmemorar a figura de Xela Arias. Estará exposto na biblioteca do centro.

DÍA DO LIBRO

Este ano celebramos o día do libro creando un recuncho especial no corredor do centro. Ogallá o disfrutedes moito!

 

Máis imaxes

Distribuir contido