SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Con motivo da celebración do Samaín a biblioteca do IES organizou o I concurso de microrrelatos de terror. Os textos presentados tiñan que tratar sobre o medo ou o terror, non podían ter máis de 200 palabras e podía participar todo o alumnado do centro.

Na categoría A (1º e 2ª ESO) resultou gañador Israel Teijeiro Valoría (1º ESO) co seu microrrelato “Unha terrorífica noite de Samaín”

Na Categoría B (3º e 4ª ESO) a gañadora foi Mara Otero Palacios (4º ESO) con “A misteriosa historia”.

A entrega de premios tivo lugar o pasado 12 de novembro.

Parte do alumnado de 3º ESO axudou nos traballos de decoración da biblioteca para eses días de novembro. Ata o esqueleto do laboratorio se deixou caer pola biblioteca para festexar o Samaín!

 

María Lozano Paz (1º ESO)

 


 

 

 

MICRORRELATOS GAÑADORES

A MISTERIOSA HISTORIA

 Fai moito tempo, nace nun pobo un tanto especial unha nena. Unha nena á que lle chamaron Alma. Alma era a primeira nena do pobo, posto que todas as persoas que habitaban nel eran persoas maiores.

Pasados xa dez anos, Alma xa se sentía maior e preparada para que seu avó lle contase aquela historia que sempre lle lembraba antes de durmir.

A noite do 31 de outubro, ademais de ser o Samaín era o aniversario de Alma e seu avó prometéralle que lle ía contar esa historia da que tanto levaba oído falar ao longo destes anos.

Alma e seu avó encontrábanse sentados á beira do lume a mesma noite do 31 de outubro. Seu avó comezou. A terrorífica historia trataba sobre unha nena chamada Alicia. Facía xa máis dunha década estaba Alicia tan tranquila durmindo cando de súpeto espertou e nin sabía onde estaba nin con quen. A familia enterouse da súa desaparición a través dunha chamada anónima que recibiron, pero aínda agora seguen sen saber nada de Alicia.

Esa noite, a noite na que Alma soubo da historia, desapareceu do mesmo xeito que Alicia. Sen saber como nin por que.

Mara Otero Palacios (4º ESO)

UNHA TERRORÍFICA NOITE DE SAMAÍN

 Era a noite do 31 de outubro, os meus compañeiros de clase e eu estabamos dando unha volta por Ferreira, de súpeto escoitamos uns ruídos que procedían da igrexa, todos xuntos con moito medo, fúmonos achegando e descubrimos que eran uns gatiños que aínda non tiñan nin un mes:

 - Ahhh- dice Manuel. - Xa pensaba que esta noite iamos pillar outro camiño, o camiño do inferno.

 Todos comezamos a rir, ata que volvimos a sentir uns berros que parecían nenos chorando. Anobelámonos todos xuntos, mortos de medo e de súpeto dímonos conta que faltaba Manuel. Súas irmás non sabían que facer. Os berros eran cada vez máis fortes, agora xa parecían demos berrando. Estabamos desesperados, mortos de medo, case chorando e, de súpeto, na escuridade apareceu unha sombra.

 - Aaaaaaaaaaah! - berramos todos. Comezamos a correr coma tolos e a sombra detrais de nós ata que nos atopamos cun muro que non podiamos pasar…

 Estabamos sós ante o perigo, ata que nos dimos conta que era Manuel que nos perseguía, levaba o móbil cun vídeo de sons tenebrosos e non paraba de chorar da risa e de berrarnos:

 - Agora quen me río son eu – dixo – ha ha ha!

Israel Teijeiro Valoría (1º ESO)