Solicitude de Fondo de Libros e Axuda para material escolar para o curso 2022/23

O 18 de maio publicouse no DOG a orde  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022-23.

A solicitude poderá facerse telematicamente a través da aplicación Fondo de Libros da páxina de Educación ou, presencialmente, entregando no noso centro os Anexos I e II que xa teñen todos/as os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de ESO ou que poden descargar dende a aplicación.

A data límite de entrega é o 22 de xuño de 2022.

Deixámosvos algunhas indicacións para cumprimentar os Anexos I e II de xeito correcto.