VALES DE MATERIAL

Publicouse no DOG do 14 de outubro de 2022 a resolución do 5 de outubro de 2022 pola que se fai pública a concesión directa da ampliación de axuda para adquirir material escolar.

Aquelas familias beneficiarias do vale para adquisición de material escolar recibirán un vale adicional de 25€ que deberán empregar na libraría antes do 1 de decembro de 2022.

Poden recollelo en secretaría en horario de 09.00h a 14.00h.

 

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.