ENTREGA DE BOLETÍN DE NOTAS

Os boletíns de notas do curso 2019/20 entregaranse o vindeiro xoves 25 de xuño, realizarase de forma escalonada, con distintas franxas horarias para a súa recollida.

Poden vir os alumnos ou os pais; é obrigatorio o uso de mascarilla dentro do centro.

O horario está reflectido na seguinte táboa:

CURSO

HORA DE ENTREGA DE NOTAS

1º ESO

De 9.00 a 10.00 h

2º ESO

De 10.00 a 11.00 h

3º ESO

De 11.00 a 12.00 h

4º  ESO

De 12.00 a 13.00 h

Ese día poderase recoller en conserxería o impreso de matrícula para o curso 2020/21, pero esta realizarase no período do 1 ao 10 de xullo. Indicaremos proximamente cales serán os días por cursos.

Os libros do fondo deste ano recolleranse tamén a partir do 1 de xullo a aquel alumnado que aprobe todas as materias ou titule en 4º de ESO.