Premios ás gañadoras e gañadores do calendario "Nada é cuestión de xénero"
O pasado sábado cinco de marzo na casa da Cultura de Ferreira do Valadouro tivo lugar a presentación do documental "Referentes femininas na comarca da Mariña". Ademais entregáronse os premios aos gañadores do calendario "Nada é cuestión de xénero" a cargo da Secretaria Xeral de Igualdade Susana López Abella. Os premiados son: 1º, Inés Martínez García,2º, María Lozano Paz, 3º, Daniela Valea Barreira. Todos os alumnos de 1º de ESO recibiron un detalle por ser a clase gañadora.
Inés Martínez García, 1º ESO
Podedes ver o documental "Referentes femininas na comarca da Mariña"