ACTIVIDADES IES ALFOZ-VALADOURO 8M

O pasado 8 de marzo no noso centro celebramos o día internacional da muller traballadora con distintas actividades onde participou todo o alumnado.

En educación física realizáronse dúas actividades, 1º de ESO elaborou un cartaz onde os nenos e nenas fixeron flores con distintas mandalas humanas co título “Non esperes que ninguén che traia flores, planta o teu propio xardín”. O alumnado de 3º e 4º de ESO realizou un mural co nome “Moito por facer” onde os rapaces e rapazas buscaron distintas noticias relacionadas co deporte onde se lle da á muller un trato machista. Este mural foi exposto no patio do instituto. Tamén o alumnado de 2º de ESO fixo, mediante posturas co corpo, frases e palabras 8M como por exemplo “Moito por facer”.

 

O alumnado de 1º de Eso tamén creou en Valores Éticos un mural dunha muller que pintaron conxuntamente, logo disto crearon un vídeo onde se lles pode ver pintando esta muller por riba de imaxes onde podemos ver actitudes machistas e patriarcais. Pódese dicir que o alumnado pintou por riba do machismo.

 Ver o blogue de valores éticos

Na biblioteca fíxose outra exposición co mural realizado en Valores Éticos, adornouse con lazos morados (símbolo do feminismo) e creuse con cartolina morada un 8M que estaba xusto riba do mural e rodeado polos lazos. Tamén se preparou unha mesa con lecturas feministas.

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                                                  Lidia Expósito Goás e Tania Verdes Chao, 3º ESO