Skip to Content

Convocatoria dos premios extraordinarios de Bacharelato- Curso 2023-2024

Prazo de solicitudes: 29 de abril a 28 de maio  de 2024

Para realizar unha solicitude hai que facer o seguinte:

1. Cubrir a solicitude:

Para facer a solicitude hai que entrar na aplicación PremiosEdu con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital (facer clic na icona verde na esquina superior dereita desta páxina). Despois de acceder á aplicación PremiosEdu, hai que seleccionar a opción “Solicitudes” no menú da esquerda. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que hai que comprobar e/ou cubrir os datos persoais e de contacto, os datos académicos e os méritos a alegar. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Solicitudes”. Nesta lapela hai que premer no botón “Engadir” e completar o resto de información relativa á solicitude. Unha vez cuberta a solicitude hai que gardar o borrador da mesma para poder facer a presentación electrónica.

2. Asinar e presentar a solicitude de xeito electrónico:

Para asinar e facer a presentación electrónica da solicitude deberase acceder ao borrador da mesma na aplicación PremiosEdu e a continuación premer no botón “Presentar E Firmar En Sede Electrónica” que enlazará coa sede electrónica da Xunta de Galicia previa autenticación mediante Chave 365 ou certificado dixital.

Unha vez dentro da sede electrónica atoparase a solicitude xa cuberta xunto cos méritos alegados. A continuación, deberase achegar a documentación xustificativa así como a documentación para a cal non se autorizou a consulta por parte da administración.

Máis información no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/

AdxuntoTamaño
Convocatorio Premios extraordinarios de Bacharelato-DOG.pdf686.04 KB


page | by Dr. Radut