Skip to Content

Xornada de Orientación para 2º de Bacharelato febreiro 2022

 

        Que lle dirías ao teu eu do pasado? Probablemente a todos e todas se nos ocorrerían un montón de cousas que dicir, consellos por dar, palabras de ánimo para impulsar... Como aínda non somos quen de viaxar no tempo, no instituto contamos coa presenza de ex alumnos e ex alumnas do centro, que viñeron contar as súas experiencias persoais ao noso alumnado de 2º de bacharelato. Foron Jorge Lama, Laura Piñeiro, Imanol Justel, Sara Suárez, Marieta Pazos, Pablo Touceda, Amanda Blanco, Noa Martínez, Noa Soage e Marta Moreno. Na charla non só se falou de estudos e profesións, senón que tamén de eleccións acertadas e erradas, eleccións seguras e dubidosas, de segundas oportunidades, e, incluso, e máis importante, de superación persoal.

 

Orientador (centro) e ex-alumnos participantes nas xornadas

 

        Agardamos que aos nosos rapaces e rapazas de 2º de bacharelato lles resultase proveitosa a actividade, e que lles axudase a ver que, ás veces, "fracasar" na idea que temos fixada é a mellor forma de coller impulso para poder recoller todo o bo que quede por vir. Porque non hai ninguén que poida orientar mellor ca unha persoa que vén de vivir o que estamos a vivir, agardamos que nun futuro próximo sexan eles e elas, alumnos/as de 2º de bacharelato, quen nos veñan contar as súas experiencias.

 

Alumnado asistente ás xornadas

 

Moito ánimo e moita sorte!

 

 



page | by Dr. Radut