Skip to Content

Orientación

Orientación

 

O Departamento de Orientación do IES Álvaro Cunqueiro

   
Profesorado Contacto
Pablo Rouco prouco@edu.xunta.gal
Virginia Boiso virginiaboiso@edu.xunta.gal
Estela Rodríguez estela.rodriguez@edu.xunta.gal

 


Toma de decisións

 

Orienta. Programa de orientación profesional 

CARTA ÁS FAMILIAS

RECOMENDACIÓNS DE AUTOCOIDADO PARA AS FAMILIAS

 


 

INFORMACIÓN SOBRE PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2020-2021

Poden acceder aos documentos premendo nos enlaces correspondentes

Convocatoria

Grao medio

Resumo da convocatoria GM

Información básica GM 

Grao superior

Resumo da convocatoria GS

Información básica GS

Anexo VII. Ciclos grao superior 2020-2021

 

Acceso a probas de anos anteriors para preparar o acceso a GM ou GS

 


 

GUIA DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

A Consellería de Educación publicou unha guía actualizada do sistema universitario de Galicia que podedes consultar no seguinte enlacehttp://www.edu.xunta.gal/portal/guiasug

 

 

O alumnado de 2º bacharelato visita o Paz Andrade e o Manuel Antonio

O alumnado de 2º de Bacharelato, dentro das xornadas que están a ter de orientación, visitou os centros de FP Valentín Paz Andrade e Manuel Antonio de Vigo. Acompañados do orientador do centro e das súas titoras percorreron os distintos módulos para entender como se desenvolve o estudo nas ensinanzas profesionais.

Máis fotos da xornada na galería!

 

 

 

 

Charla sobre violencia sexual do Concello de Vigo

O venres o alumnado de primeiro de bacharelato tivo a oportunidade de asistir á charla sobre violencia sexual que impartiu unha traballadora do concello, da área de Igualdade. Falounos dos tipos de violencia sexual, fíxonos un repaso dos ámbitos onde as mulleres sofren máis agresións e abriunos os ollos sobre situacións normalizadas nas que se produce violencia machista (música, cine, anuncios...).

Xornada de Orientación para 2º de Bacharelato febreiro 2022

 

        Que lle dirías ao teu eu do pasado? Probablemente a todos e todas se nos ocorrerían un montón de cousas que dicir, consellos por dar, palabras de ánimo para impulsar... Como aínda non somos quen de viaxar no tempo, no instituto contamos coa presenza de ex alumnos e ex alumnas do centro, que viñeron contar as súas experiencias persoais ao noso alumnado de 2º de bacharelato. Foron Jorge Lama, Laura Piñeiro, Imanol Justel, Sara Suárez, Marieta Pazos, Pablo Touceda, Amanda Blanco, Noa Martínez, Noa Soage e Marta Moreno. Na charla non só se falou de estudos e profesións, senón que tamén de eleccións acertadas e erradas, eleccións seguras e dubidosas, de segundas oportunidades, e, incluso, e máis importante, de superación persoal.

 

Orientador (centro) e ex-alumnos participantes nas xornadas

 

        Agardamos que aos nosos rapaces e rapazas de 2º de bacharelato lles resultase proveitosa a actividade, e que lles axudase a ver que, ás veces, "fracasar" na idea que temos fixada é a mellor forma de coller impulso para poder recoller todo o bo que quede por vir. Porque non hai ninguén que poida orientar mellor ca unha persoa que vén de vivir o que estamos a vivir, agardamos que nun futuro próximo sexan eles e elas, alumnos/as de 2º de bacharelato, quen nos veñan contar as súas experiencias.

 

Alumnado asistente ás xornadas

 

Moito ánimo e moita sorte!

 

 

CARAPUCHIÑA VERMELLA CONTADA POLO LOBO

TEXTO PARA TRABALLAR A COMUNICACIÓN E A PERCEPCIÓN.

FONTE: Jares, X (2001): Aprender a convivir. Vigo, Ed Xerais. pp:86-88

DÍA DA PAZ: O noso Xornal.

Traballo feito nas TITORÍAS DE E.S.O. para o Día da Paz

Distribuir contido


by Dr. Radut