Skip to Content

2024/01/25 - Calendario Club de Ciencias da 2ª Avaliación

Publicamos as datas nas que terán lugar as sesións do club de Ciencias neste 2º trimestre:

  • 1 ESO (Luis e Natalia)
    • Luns 15 de xaneiro 2024
    • Luns 29 de xaneiro 2024
    • Luns 19 de febreiro 2024
    • Luns 4 de marzo 2024
    • Luns 18 de marzo 2024

  • 2 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 29 de xaneiro 2024
    • Luns 19 de febreiro 2024
    • Luns 4 de marzo 2024
    • Luns 18 de marzo 2024

  • 3 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 22 de xaneiro 2024
    • Luns 5 de febreiro 2024
    • Luns 26 de febreiro 2024
    • Luns 11 de marzo 2024

  • 4 ESO e bacharelato (Antón e Suso)
    • Todos os luns lectivos.

 

CONVOCATORIA ERASMUS CURSO 2023-2024

Publicado BAREMO PROVISIONAL

Dirixido ao alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato, curso 23/24.

Convócanse 10 mobilidades de intercambio de alumnado Vigo - Amiens (Francia) dentro do proxecto de Centros Acreditados Erasmus número: 2023-1-ES01-KA121-SCH-000121401.

O alumnado interesado debe descargar e cubrir a solicitude (SOLICITUDE) e presentala xunto coa documentación correspondente nas oficinas de administración do Centro. Debese consultar o baremo (BAREMO) antes de cubrir a solicitude.

O prazo de presentación termina o 1 de febreiro ás 14.00 horas. Non se recollerá documentación presentada despois desa data.

2024/01/10 - Calendario de exames parciais de pendentes

Xa tedes dispoñible o calendario para os exames parciais de pendentes para a semana do 23 ao 25 de xaneiro.

Todos os exames terán lugar no centro.

Podedes consultar os horarios das distintas materias neste documento.

Mil primaveras máis para Cunqueiro 2023

O alumando de 1º e 2º da ESO realizaron o último día de clase antes das vacacións de Nadal unha serie de actividades relacionadas co escritor que dá nome ao noso instituto, Álvaro Cunqueiro. As monitoras foron alumnados de 1º de bacharelato que achegaron a figura do mindoniense ao alumnado máis novo do centro na data en que cumpriría 112 anos.

Mil primaveras máis para Cunqueiro!

Master Chef Cunqueiro 2023

O 22 de decembro é o aniversario do escritor Álvaro Cunqueiro e, como cada ano, o Departamento de Lingua Galega e Literatura, xunto co Equipo de Dinamización Lingüística, organizan unha xornada de festexo arredor da súa figura. O alumnado do centro elaborou trinta e dúas tortas para o concurso Master Chef Cunqueiro e as persoas gañadoras levaron un lote de produtos galegos.

Para rematar a xornada cantámoslle o Parabéns por estes 112 anos!

Grazas a todo o alumnado por participar, especialmente ao de Afondamento de Galego, sen o que non poderiamos ter organizado o evento.

Mil primaveras máis para Cunqueiro!

VI Concurso Foto e Ciencia - 2023

En novembro, o mes de da ciencia, celebrouse o VI CONCURSO FOTO e CIENCIA no que participou o alumnado do noso Centro. Este ano as fotografías premiadas foron:

  • 1º e 2º de ESO: sen participantes
  • 3º e 4º de ESO:
    • 1º PREMIO: “Xeo ou escarcha” (Mar García Martínez)
    • Accesit: “Doando vida” (Luciana Andrade di Natale)
    • Accesit: “Con las primeras lluvias” (Raquel de Vila Álvarez)
    • Accesit: “Cando a natureza ábrese paso a empuxóns” (Marcos González Valencia)
  • Bacharelato:
    • 1º PREMIO: “Tinta natural” (Gadea lópez Gallo)
    • Accesit: “Os secretos das ás dos morcegos” (Andrea Román Balo)

Pista de xeo 2023

O pasado 21 de decembro, o alumnado de 1º ESO desfrutou dunha mañá diferente na pista de xeo de Samil. A actividade, organizada polo Departamento de Educación Física, é un éxito cada Nadal. A rapazada puido patinar nun entorno inusual como é o xeo, vivindo unha experiecia novidosa para moitos.

Charla informativa sobre a ABAU da USC

Esta semana o alumnado de 2º de bacharelato asistiu a unha charla informativa sobre as ABAU e as saídas universitarias despois da proba. O profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco R. Lestegás, explicoulles o proceso das probas de acceso á universidade e todo o proceso que vén despois para que poidan ir máis seguros e afrontar con éxito os exames.

 

Visita á exposición Vigo no tempo 2023

O luns o alumnado de Afondamento de Galego e de 4º de PDC visitou a exposición "Vigo no tempo" que nos achega á historia da cidade dende os primeiros vestixios ata a actualidade. O alumnado puido coñecer os principais fitos que viviu esta cidade que foi medrando como obra colectiva e fíxoo da man dun dos comisarios da mostra, o escritor Manuel Bragado. Un privilexio sen dúbida!

Presentación calendario Conxelados Pereira 2023

O alumnado de Afondamento de Galego participou no acto de presentación do calendario-receitario 2024 da empresa viguesa de Conxelados Pereira. No acto participaron dous chefs, Ana Vilar, nominada como mellor cociñeira no certame de Tapas de Galicia, e Lluis de la Riva, finalista da 11ª edición do concurso de Master-cheg España. Cada un elaborou un prato das receitas do libro Cocina Gallega de Álvaro Cunqueiro e Araceli Filgueira. Cociñaron para nós en directo e degustamos unha empanada de chocos e vieiras con xamón.

Puidemos coñecer o fillo do escritor, César Cunqueiro, que nos contou algunhas anécdotas do seu pai e tamén aos responsables da empresa Pereira.

No acto participaron tamén as alumnas Gadea López e Alba García en nome do alumnado e o noso director.

Foi unha xornada moi especial porque se estreou o coro do instituto que dirixe David Barros cantando o fermoso poema de Cunqueiro "No niño novo do vento".

Distribuir contido


by Dr. Radut