Skip to Content

Entroido 2024

Un ano máis o instituto encheuse de cor grazas ao alumnado e ao profesorado que se disfrazou no tradicional desfile de Entroido.

Como xa vén sendo tradicional aqueles disfraces máis orixinais viron recompensada a súa creación dunha bandexa de orellas, o postre tradicional destas datas.

E aínda que chova, viva o Entroido!

 

2024/02/08 - Datas relevantes do proceso de admisión do curso 2024-2025

Publicamos o calendario coas datas relevantes para o proceso de admisión do curso 2024-2025.

 

PROCESO

DATAS
Prazo de presentación de solicitudes para o alumnado de centros adscritos do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro
Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado 22 de febreiro
Publicación das vacantes para o curso 24-25 1 de marzo
Prazo de presentación de solicitudes no centro de primeira elección do 1 ao 20 de marzo
Prazo de presentación de documentación acreditativa para o baremo 21 e 22 de marzo e do 2 ao 11 de abril
Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido 25 de abril
Reclamación ás listaxes provisionais do 26 de abril ao 3 de maio
Publicación das listaxes definitivas 15 de maio
Formalización da matrícula para ESO e bacharelato do 23 de xuño ao 7 de xullo
Presentación de solicitudes fóra de prazo do 21 de marzo ao 31 de agosto
Prazo de admisión extraordinaria a partir do 1 de setembro

 

Descarga documento en pdf.

Aplicación AdmisionAlumnado

 

Rompendo barreiras de comunicación coa Intelixencia Artificial 2024

O alumnado de bacharelato das materias do Departamento de Tecnoloxía asistiu con grande interese á charla do profesor da Facultade de Telecomunicacións da UVigo, José Luis Alba.

O tema non podería estar de máis actualidade, pois a conferencia levaba por título "Rompendo barreiras de comunicación coa Intelixencia Artificial".

 

2024/01/25 - Calendario Club de Ciencias da 2ª Avaliación

Publicamos as datas nas que terán lugar as sesións do club de Ciencias neste 2º trimestre:

  • 1 ESO (Luis e Natalia)
    • Luns 15 de xaneiro 2024
    • Luns 29 de xaneiro 2024
    • Luns 19 de febreiro 2024
    • Luns 4 de marzo 2024
    • Luns 18 de marzo 2024

  • 2 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 29 de xaneiro 2024
    • Luns 19 de febreiro 2024
    • Luns 4 de marzo 2024
    • Luns 18 de marzo 2024

  • 3 ESO (Alejandra e Brais)
    • Luns 22 de xaneiro 2024
    • Luns 5 de febreiro 2024
    • Luns 26 de febreiro 2024
    • Luns 11 de marzo 2024

  • 4 ESO e bacharelato (Antón e Suso)
    • Todos os luns lectivos.

 

CONVOCATORIA ERASMUS CURSO 2023-2024

Publicado BAREMO PROVISIONAL

Dirixido ao alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato, curso 23/24.

Convócanse 10 mobilidades de intercambio de alumnado Vigo - Amiens (Francia) dentro do proxecto de Centros Acreditados Erasmus número: 2023-1-ES01-KA121-SCH-000121401.

O alumnado interesado debe descargar e cubrir a solicitude (SOLICITUDE) e presentala xunto coa documentación correspondente nas oficinas de administración do Centro. Debese consultar o baremo (BAREMO) antes de cubrir a solicitude.

O prazo de presentación termina o 1 de febreiro ás 14.00 horas. Non se recollerá documentación presentada despois desa data.

2024/01/10 - Calendario de exames parciais de pendentes

Xa tedes dispoñible o calendario para os exames parciais de pendentes para a semana do 23 ao 25 de xaneiro.

Todos os exames terán lugar no centro.

Podedes consultar os horarios das distintas materias neste documento.

Mil primaveras máis para Cunqueiro 2023

O alumando de 1º e 2º da ESO realizaron o último día de clase antes das vacacións de Nadal unha serie de actividades relacionadas co escritor que dá nome ao noso instituto, Álvaro Cunqueiro. As monitoras foron alumnados de 1º de bacharelato que achegaron a figura do mindoniense ao alumnado máis novo do centro na data en que cumpriría 112 anos.

Mil primaveras máis para Cunqueiro!

Master Chef Cunqueiro 2023

O 22 de decembro é o aniversario do escritor Álvaro Cunqueiro e, como cada ano, o Departamento de Lingua Galega e Literatura, xunto co Equipo de Dinamización Lingüística, organizan unha xornada de festexo arredor da súa figura. O alumnado do centro elaborou trinta e dúas tortas para o concurso Master Chef Cunqueiro e as persoas gañadoras levaron un lote de produtos galegos.

Para rematar a xornada cantámoslle o Parabéns por estes 112 anos!

Grazas a todo o alumnado por participar, especialmente ao de Afondamento de Galego, sen o que non poderiamos ter organizado o evento.

Mil primaveras máis para Cunqueiro!

VI Concurso Foto e Ciencia - 2023

En novembro, o mes de da ciencia, celebrouse o VI CONCURSO FOTO e CIENCIA no que participou o alumnado do noso Centro. Este ano as fotografías premiadas foron:

  • 1º e 2º de ESO: sen participantes
  • 3º e 4º de ESO:
    • 1º PREMIO: “Xeo ou escarcha” (Mar García Martínez)
    • Accesit: “Doando vida” (Luciana Andrade di Natale)
    • Accesit: “Con las primeras lluvias” (Raquel de Vila Álvarez)
    • Accesit: “Cando a natureza ábrese paso a empuxóns” (Marcos González Valencia)
  • Bacharelato:
    • 1º PREMIO: “Tinta natural” (Gadea lópez Gallo)
    • Accesit: “Os secretos das ás dos morcegos” (Andrea Román Balo)

Pista de xeo 2023

O pasado 21 de decembro, o alumnado de 1º ESO desfrutou dunha mañá diferente na pista de xeo de Samil. A actividade, organizada polo Departamento de Educación Física, é un éxito cada Nadal. A rapazada puido patinar nun entorno inusual como é o xeo, vivindo unha experiecia novidosa para moitos.

Distribuir contido


by Dr. Radut