Skip to Content

Actividades curso 2014-2015

A Casa de Bernarda Alba

 

 

  Alumnos de 3º PDC  

O luns 26 de xaneiro os lumnos de 3º PDC, acompañados polo profesor Pedro Areal, disfrutaron da representación teatral dunha versión da obra de Lorca "A Casa de Bernarda Alba" representada na sala Salesianos de Vigo.

Dita obra fora traballada previamente na aula. Presenta  un drama entre mulleres nos pobos da España do século XX; un enfrontamento entre unha moral autoritaria (a de Bernarda) e o desexo de liberdade (de Mª Josefa e Adela).

     

 

 

Actividades do Departamento de Tecnoloxía

     
 

VISTA Á ESCOLA DE ENXEÑERÍA DE TELECOMUNICACIÓNS

DE VIGO

 

  

 
 

 

O venres 16 de xaneiro, 19 alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de T.I.C.  acompañados polas profesoras Teresa Crespo e Rosa Amboage,   visitaron a Escola de  Telecomunicacións de Vigo. Os asistentes  tiveron a oportunidade de participar nuns obradoiros  e  construir un micrófono inalámbrico. Despois ensináronlles  as súas instalacións, como as impresionantes salas anecoicas, de son....foi moi interesante !!

 
     
 

Se queres ver máis fotos preme aquí     

 

 

 

Educación vial

     

Durante os días 30 de xaneiro, 3 e 10 de febreiro a policía local virá ao centro a impartir unha charla teórico-práctica sobre a importancia da Educación vial.

 

Está dirixida ao alumnado de 3º ESO e ten prevista unha duración de unha hora e cuarenta minutos.

   

 

 

   
     
     

Teatro no Álvaro Cunqueiro

       

El Departamento de Lengua española y Literatura ha organizado , el día 20 de enero , para los cursos de ESO, un espectáculo didáctico, titulado Ahora mismitos y representado por el actor Antonio Blanco, consistente en una revisión actualizada y en clave de humor de la mitología clásica. Los alumnos participaron activamente en el escenario al lado de personajes como Pigmalión, Faetón, las ninfas, etc. El éxito fue total.

       
 

 

   

 

 

 

 

Semana da froita 2015

       
 

A Consellería de Medio Rural autorizou a distribución de froita para o alumnado do noso centro dentro do seu Plan de consumo de froita fresca nas escolas.

O alumnado recollerá unha peza de froita en calqueira dos dous recreos da mañá.

As datas de repartición serán: xaneiro (do 12 ao 16), febreiro (do 9 ao 13), marzo (do 9 ao 13) e abril (do 13 ao 17).

 


 
       

 

 

 

¡¡  Durante 20 dias gozaremos de recreos saudables  !!

   

 

 

 

Que estudar? . Onde estudar?

     
 

O pasado 16 de decembro celebrouse no auditorio Mar de Vigo unha nova edición de Unitour. Os 28 centros participantes nesta novena edición proporcionaron aos alumnos de 2º de bachillerato  información de todos os grados que ofertan as universidades públicas e privadas alí presentes.

O auditorio converteuse nun lugar de encontro dos estudantes coa universidade. Os alumnos de 2º Bac-A, B e C acompañados polas profesoras Virxinia Barros, Carmen Iglesias, Rosa Méndez e Carmen Padilla, mediante un contacto directo e unha atención personalizada puideron resolver dúbidas sobre plans de estudos, notas de corte, becas, bolsas de prácticas e acordos internacionais en materia de educación.

 

 
 
     

 

 

 

   

Visita histórica a Santiago

 

  Visita histórica a Santiago

1 de decembro 2014

 
      
      
         
 

 Os alumnos de Historia da Arte, acompañados polas profesoras Susana García e Isabel Pérez, visitaron a capital compostelana co obxectivo do coñecer de preto as características do Románico e do Barroco. Percorreron as rúas e prazas do casco histórico para despois entrar na Catedral e subir ata as cubertas de pedra, desde onde se aprecia a cidade en todo o seu esplendor.

 
         
     
         
              
 

 

 

     

Día Internacional contra a Violencia de xénero

 

     
 

 

 
     
 

A violencia contra as mulleres non é un fenómeno illado, afecta a todas as clases sociais e a todas as idades. A discriminación feminina ten un carácter estructural, atópase tanto no eido familiar coma no laboral e social. Desde o convencemento de que a violencia é una conduta aprendida que se pode modificar, e de que pódese prevenir  mediante unha educación que promova entre os alumnos relacións de respecto e de igualdade,  conmemoramos este día con dúas actividades:

 
 
  • Unha exposición de traballos realizados en Plástica polos alumnos de 3º ESO-C

 
        
 
  •  A participación dos alumnos de 4º PDC, acompañados polo profesor José Luís Álvarez, na edición Enlaza Vigo 2014.

 

 
 

                

                       (Este foi o cartel que levamos á edición de Enlaza Vigo 2014)

 

 

 

Viaxe a Londres do alumnado de 4º ESO

       

Noraboa aos vinte e un alumnos de 4º de ESO que foron chamados a participar no programa "Vigo en Inglés, 2014" organizado polo concello. Todos eles van ter a oportunidade de coñecer a cultura e o sistema educativo dun país anglosaxón ó mesmo tempo que perfeccionan o seu coñecemento da lingua inglesa. Ó longo de tres semanas asistirán a un centro escolar, coma calquer outro estudante local.

¡¡  BOA VIAXE  !!

       
   
       

 

 

     

Conferencia sobre "Ciberviolencia sexual "

       

Nos últimos anos as TICs, supoñen un cambio na maneira en que os rapaces e as rapazas novas se comunican, se relacionan e interactúan entre si, outorgándolle ao mundo virtual un espazo novo nas súas vidas persoais. Con tal motivo, o pasado 11 de novembro o alumnado de 4º ESO, acompañado polas profesoras Laura Vieitez, Teresa López e Lidia Blanco, asistiu a unha conferencia sobre a Ciberviolencia sexual, organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e impartida por Ianire Estébanez, psicóloga especialista en temas de xénero , violencia e mocidade.  

   

   

 

 

 

   
Distribuir contido


by Dr. Radut