Skip to Content

Actividades curso 2014-2015

Voyage á Paris

Les professeures Susana García et Gemma Alvarez ont organisé un voyage à Paris du 21 au 25 mars 2015 avec leurs élèves d'Histoire et de Français de 1º BACH. Nous avons profité au maximum de notre séjour en visitant les musées du Louvre et d'Orsay, le château de Versailles, nous avons vu Notre-Dame, le Sacré-coeur, la Sorbonne, etc. et nous avons parcouru avec beaucoup de plaisir les rues parisiennes.

 

Os alumnos de Francés e Historia de 1º Bacharelato estiveron en París dende o 21  ata o 25 de marzo 2015, acompañados polas súas profesoras Susana García e Gemma Álvarez. Visitaron os museos de Louvre e Orsay, o Palacio de Versailles, contemplaron os monumentos mais emblemáticos e percorreron a súas rúas.

Todo un éxito !

   
     

 

Aqui podes ver unha reportaxe fotográfica

  

 

 

Proxecto interdiscipliar 2015

 

Baixo a coordinación da profesora Mª Auxiliadora de León, os alumnos de 1º ESO realizaron un traballo sobre o libro "O cazador de estrelas" de Ricardo Gómez, obra pola que o autor recibiu o Premio Alandar.

O argumento está baseado na vida dun neno de 12 anos que vive nun campo de refuxiados do Sáhara.

 

Viaxe á neve 2015

 

 

 

 
     
 

 

 

 
 

O Departamento de Educación Física xunto coa vicedirección do centro

organizan para o próximo 21 de marzo

unha saída á estación de esquí Boí Taüll, no pireneo catalán.

Nesta actividade participarán 24 alumnos de ESO

máis dous profesores acompañantes. 

 
  ---------------------------------------------------  
 

Aquí tedes, ya de volta aos protagonistas desta aventura, e tamén unha reportaxe fotográfica completa da súa estancia no pireneo catalán.

 

 

 
 

Facendo as súas prácticas de esquí nun marco incomparable. 

 
     
     
     
     

 

Teatro en inglés

       
     

O próximo venres 13, non salón de actos do instituto terá lugar unha representación teatral por parte da compañía Clever Pants organizada polo Departamento de Inglés.

 

A representación levarase a cabo en dúas sesións ás que asistirá o alumnado de ESO e  bacharelato.

 

Ler máis        

       
       

1Tour 2 Chans

     

O pasado 6 de marzo o Departamento de Francés organizou unha saída co alumnado de 4º ESO-A e B ao auditorio municipal "Mar de Vigo".

 

Tiveron a oportunidade de asistir a un espectáculo da compañía "1Tour  2Chans", que lles deleitou con música e cancións tradicionais francesas.

        
     
     
     
     

III Obradoiros de Primeiros auxilios

 

 

   
 

Durante os días 2 e 3 de marzo terá lugar a IIIª edición dos Obradoiros de Primeros auxilios organizados polo alumnado de Educación Física, coa colaboración do departamento de Educación Plástica e Visual.

Están dirixidos  ao alumnado de 6º de Primaria dos centros adscritos CEIP Celso Emilio, Escultor Acuña e Xavier Sensat; e ao alumnado de  1º, 2º e 3º de ESO do noso centro.

 

 
   

     

 

Clase de literatura no cine

     

Os alumnos de 4º de ESO foron aos cines Gran Vía o pasado mércores 25 de febreiro para ver a adaptación cinematográfica dunha das grandes novelas da literatura galega.

Xunto cos nosos alumnos, outros estudiantes de varios institutos de Vigo asistiron ás desacougantes peripecias de tres amigos aos que tras unha longa esmorga lles espera un tráxico destino.

Ao final da proxección os estudiantes intercambiaron imprensións co director do filme, Ignacio Vilar.

 

 

 

 

Reseña no Faro de Vigo

  
   
 

Obradoiros de emprendimiento

       
 

Ou Xoves 5 de febreiro os alumnos de 2º B de Bacharelato participaron nun obradoiro de emprendimiento, organizado polo Departamento de Economía impartido por Teamlabs e promovido pola Embaixada Americana en España.


Compartir cos alumnos que a proactividade, a resolución de problemas e o traballo en equipo son competencias fundamentais para ou seu desenrolo persoal e no futuro, aportar valor ao tecido social.


Emprender a idades temperás é posible !

   
     
      

 

 

Visita aos Museos científicos de Coruña.

 

     
 

 
     
 

O día 04/02/2015 os alumnos de 3º e 4º ESO realizaron unha visita didáctica aos Museos Científicos coruñeses organizada polo  Departamento de Bioloxía.

Na Domus visualizaron un documental científico en 3D sobre as técnicas máis innovadoras na construción dos avión comerciais e realizaron un grande número de actividades interactivas sobre o corpo humano e outras como lanzar un penalti e comprobar a velocidade á que se lanzou o balón…

No Aquarium Finisterrae, que está encravado nun espectacular entorno natural,  disfrutamos da diversidade da vida na costa galega a través dos impresionantes acuarios que representan os distintos ecosistemas das costas e xa fóra divertímonos vendo as focas mergullándose na gran piscina exterior.

E para rematar, no Museo das Ciencias participaron nas distintas experiencias relativas á física

 
     
   

Participaron en todas as actividades con gran interese!

 
     
 

 

 

Obradoiro de regueifas

 

Obradoiro de Regueifas

dirixido ao alumnado de 2º ESO

    
 
     
   
         

O alumnado de 2ª ESO A e C participou nun Obradoiro de regueifas ofertado polo Servizo de Normalización do Concello de Vigo e que constará de dúas sesións, a do 6 de febreiro (á que corresponden estas fotos) e unha segunda, o próximo 3 de marzo.

Os enxeñosos e habelenciosos regueifeiros Luís Caruncho e Pinto de Herbón, iniciáronnos na arte de dialogar, improvisadamente, en verso. A regueifa é unha tradición que recibe o seu nome dun bolo doce que se comía antigamente nas vodas. Para divertir os convidados algúns discutían en verso e o máis brillante gañaba o honor de repartir este bolo.

 

   

Noutros países e culturas (Portugal, México, Bolivia, Andalucía, Mallorca...) existen desafíos orais improvisados comparables ás nosas regueifas, por non falar das semellanzas co rap. Aí vai algún exemplo que, os prometedores regueifeiros do Álvaro Cunqueiro, elaboraron sobre o Entroido:

 

 
 

Xa está chegando o Entroido

imos todos disfrazados,

imos bailar un bo baile,

estaremos concentrados.

 

(Ainhoa Galarza Señoráns).

 

                                          

No Entroido como moito

orellas e mais filloas,

a careta sobre os ollos,

de comida chea a boca.

 

(Laura Piñeiro Mariño).

 

 
         
Distribuir contido


by Dr. Radut