Skip to Content

Actividades curso 2022-2023

O alumnado de 2º de bacharelato afonda no mundo da economía

Nestas últimas semanas o alumnado de Economía de 2º de bacharelato tivo a oportunidade de coñecer de primeira man algunhas das posibilidades de continuación de estudos nese campo en Vigo.

Emilio García Roselló, profesor da Facultade de Comercio da UVigo, explicoulles as saídas profesionais e as posibilidades que ofertaba o seu grado. A semana seguinte, o profesor Benito Gil, da Universidade Intercontinental da Empresa, con sede en Vigo, tamén os informou sobre a oferta formativa que teñen e as bolsas dispoñibles para o alumnado.

1º de ESO na pista de xeo de Samil!

O pasado 2 de decembro, o alumnado de 1º ESO desfrutou dunha mañá diferente na pista de xeo de Samil. A actividade, organizada polo Departamento de Educación Física, é un éxito cada Nadal. A rapazada puido patinar nun entorno inusual como é o xeo, vivindo unha experiecia novidosa para moitos.

PistaXeo_2022

Charlas culturais en Inglés

O pasado luns 28 de novembro, o alumnado de bacharelato tivo a oportunidade de desfrutar dunhas charlas culturais en inglés ofrecidas pola editorial dos seus libros de texto, Burlington Books.

O ponente faloulles de cuestión culturais e lingüísticas de distintos países anglofalantes, profundizando nalgunhas das diferenzas entre as distintas variedades da lingua respecto da británica estándar, a través da música e de distintos xogos.

Esperamos repetir a experiencia o ano próximo!

Mostra viva de instrumentos musicais 2022

O pasado luns 28 de novembro celebrouse no IES Álvaro Cunqueiro a edición número trece da MOSTRA VIVA DE INSTRUMENTOS onde, preto do corenta alumnos do propio centro, compartiron con todos a súa dedicación e talento en distintas especialidades instrumentais. Repartidos en tres espazos diferentes, ao longo do día a totalidade do alumnado viaxou por esta mostra que cada curso dende 2010 pon en primeiro plano o talento, entusiasmo e o esforzo dos que dedican, parte do seu tempo, á práctica instrumental.

Manifesto do día 25 de novembro

Discurso redactado polo alumnado do Equipo Morgana de Igualdade con motivo da conmemoración do 25 de novembro:

Ben, comezamos... Bos días a todos e a todas. Antes que nada grazas por vir de negro no día de hoxe a todos os que o fixestes.

Polo San Martiño magosto no instituto

O venres celebramos o tradicional Magosto no noso centro. Amais de comer castañas, aproveitamos para xogar a xogos tradicionais como o pano, a corda, as carreiras de sacos ou a petanca. Unha xornada lúdica para lembrar unha das tradicións máis importantes da nosa cultura. 

AS PORTAS DO INFERNO

Un ano máis o Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Galego organizaron o concurso do Samaín: As portas do Inferno. Cada clase decorou as portas das súas aulas con motivos propios das datas e un xurado composto por profesorado e alumnado do centro escolleu seis finalistas:

1º ESO B, 1º ESO C, 1º ESO D, 3º ESO C, 3º ESO diversificación, 4º ESO C.

Finalmente a premio para a porta máis divertida foi para 1º ESO C e o premio para a porta máis terrorífica para 4º ESO C.

Distribuir contido


by Dr. Radut