Benvidos á páxina web do IES As Telleiras, onde se pon á disposición da comunidade educativa toda a información do centro.
Benvidos á páxina web do IES As Telleiras, onde se pon á disposición da comunidade educativa toda a información do centro.
Neste enlace poden consultar o calendario de exames finais para 3º e 4º ESO así como 1º de Bacharelato.
Convócase o 1º concurso de video en lingua galega

O IES As Telleiras foi un dos centros seleccionados para participar ao longo de 2012-2013 nun proxecto común dentro deste programa de axudas.
O Programa Arce é un programa de cooperación territorial promovido polo Ministerio de Educación en colaboración coas Comunidades Autónomas que ten como finalidade establecer canles de colaboración que permitan o establecemento de agrupacións ou redes de centros educativos e institucións públicas do ámbito da educación.
O proxecto que se desenvolverá no centro, en colaboración co IES Joaquín Artiles de Agüimes (Las Palmas) e co IES José Caballero (Huelva), titúlase Leer es crecer e nace co propósito de intercambiar experiencias entre os tres centros en torno ao fomento da lectura e o uso das bibliotecas escolares.
|
O IES As Telleiras participou o curso pasado no Proxecto COMBAS do Ministerio de Educación, sobre a consolidación das competencias básicas como eixo da formación do alumnado, xunto con 150 centros de toda España (8 de Galicia) Este curso continuaremos coa segunda fase do proxecto que seguramente se iniciara a partir de marzo. Para acceder ás actividades realizadas na fase 1 premer aquí. |