Skip to Content

Axudas libros

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

De acordo coa Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022, concédese unha ampliación da axuda para adquirir material escolar de 25 euros adicionais baixo as seguintes condicións:

-Unicamente recibirán esta ampliación de 25 euros aquelas persoas beneficiarias do vale de axuda por material de 50 euros.

-Os vales deberán ser empregados nos establecementos preferiblemente antes do 1 de decembro de 2022.

Recolleranse na Secretaría do centro a partir do mércores 19 de outubro en horario de 09:00 a 14:00. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale previa presentación do DNI/NIE. De non poder acudir, autorirzaŕa outra persoa para facelo. 

 

Convocatoria de axudas para material escolar


AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

 CURSO 2021-2022


Publicada a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022.

DOG do xoves 20 de maio de 2021

 

Máis información no Portal educativo da Xunta de Galicia:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

 

IMPORTANTE: A partires do vindeiro curso o noso centro participa no proxecto EDIXGAL en todos os cursos de ESO, polo que a solicitude de axudas será para material escolar.

O prazo na solicitude de axudas para material escolar remata o 22 de xuño.

 

A Secretaría

Listaxes de Admitidos e Excluídos Fondo Libros ESO. Curso 2020-2021

Publicadas NO TABOLEIRO DO IES E NA APLICACIÓN FONDO LIBROS as listaxes provisionais de admitidos e excluídos nas axudas aos libros de texto.

 

 

A secretaría do Centro.

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR: PRAZO SOLICITUDES

No Boletín Oficial da Provincia do día de hoxe publicáronse as BASES e CONVOCATORIA PÚBLICA de axudas para MATERIAL ESCOLAR Curso Académico 2019-2020.

O prazo para solicitar estas axudas ábrese o vindeiro luns día 17 de xuño e permanecerá aberto ata o día 8 de xullo (ambos inclusive).

As solicitudes estarán a disposición dos/das solicitantes na Sede Electrónica  e no Rexistro Xeral do Concello, dende o propio día 17 de xuño.

NOTA IMPORTANTE: Deberá solicitar a axuda incluso aquel alumnado que ainda non sepa en que curso ou  Centro escolar de Narón quedará definitivamente matriculado (setembro) porque o prazo de solicitude é único e improrrogable.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO: INFORMACIÓN IMPORTANTE

O alumnado matriculado en 1º e 2º curso da ESO ao estar incluídos no proxecto de educación dixital (EDIXGAL), están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto.

Porén, o IES As Telleiras organizará o préstamo de libros de texto para este alumnado cos fondos de campañas anteriores.

Os nais e pais de todo o alumnado matriculado poderán solicitar estes libros no momento da matrícula.

Sen prexuízo do anterior todo o alumnado que reúna os requisitos establecidos na orde de 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 poderán solicitar as axudas para a adquisición de material escolar.

Fondo solidario Libros de texto e axudas para material escolar

Curso 2019 - 2020

Prazos da convocatoria do fondo de libros de texto

e axudas para material escolar

Presentación de solicitudes do alumnado da ESO no centro ou na sede electrónica.
 
Ata o 21 de xuño de 2019  inclusive
Presentación de solicitudes do alumnado de 4º da ESO e que non o solicitara no prazo anterior.
  Un mes a partir da matrícula no centro.
Devolución dos libros do curso 2018/2019 (agás as materias pendentes).   Ata o 26 de xuño de 2019 inclusive.
Devolución dos libros das materias pendentes do curso 2018/2019.   Ata o 6 de setembro de 2019 inclusive.
Publicación das listaxes provisionais.
  A partir do 11 de xullo de 2019.
Reclamación ás listaxes provisionais.   Nos 2 días seguintes á publicación das mesmas.
Publicación das listaxes definitivas.   A partir do 13 de setembro de 2019.
Entrega dos novos libros ao alumnado.
  A partir do 16 de setembro e antes do 27 de setembro de 2019.
Emenda de erros detectados nos vales de material   Dez días desde que recibe o vale.
Uso dos vales de nas librarías.
  Ata o 4 de abril de 2020 inclusive.
Distribuir contido


by Dr. Radut