Skip to Content

Inglés

Departamento

Material didáctico

 

Documents

 

 

                              

PROGRAMA INTEGRAL DE APRENDIZAXE DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

ST. PATRICK'S DAY no IES AS TELLEIRAS

 

Un ano máis o departamento de inglés celebrou co seu alumnado St. Patrick’s Day o 17 de marzo, no que ven sendo xa unha tradición neste instituto.

 

Foi unha magnífica ocasión para mellorar a aprendizaxe do noso alumnado, trasladando metaforicamente as nosas clases a distintos lugares de Irlanda, a illa esmeralda (The Emerald Isle).

 

 

 

Por un día percorremos as rúas de Dublín e somerxémonos nas tradicións e cultura deste país celta que tanto nos gusta.

 

 

 

 

 

Houbo tempo para coñecer a figura do seu patrón, St. Patrick  e a súa traxectoria evanxelizadora, falamos de trevos e arpas, elfos, arcos da vella, moedas de ouro e lembramos tamén a figura de Oscar  Wilde, un dos máis recoñecidos escritores irlandeses.

 

 

 

Lembramos a viaxe do Titanic, trasatlántico construído nos estaleiros de Belfast, lembramos os anos duros da Gran Fame (The Great Famine) e a emigración masiva a Norteamérica no século XIX.

 

 

Houbo tempo para a artesanía, e coa colaboración da nosa auxiliar de conversa elaboramos pulseiras na cor irlandesa por excelencia: a cor verde.

 

Para redondear a xornada no departamento, respectando as medidas de protección derivadas do COVID-19, degustamos un delicioso Irish Cake, elaborado por Mercedes Rodríguez un ano máis.

 

Incluímos nesta entrada imaxes da xornada.

 

Rematamos este artigo cun dito irlandés no que lembramos a dureza dos momentos que se están a vivir en Ucrania:

 

May peace and plenty bless your world!

 

8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

 

 

En 2022, a UNESCO une a súa voz á de toda a familia das Nacións Unidas ao celebrar este Día Internacional da Muller baixo o lema “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible, recoñecendo a contribución de mulleres e nenas de todo o mundo que están a liderar a carga na adaptación, mitigación e resposta ao cambio climático, para construír un futuro máis sostible para todos.

 

"Este ano, no Día Internacional de a Muller, gustaríame aplaudir a esta nova xeración de mulleres novas pola valentía que mostran ao falar, servir de inspiración para as demais e mobilizar aos seus pares con miras a un futuro máis sostible." (Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, con motivo do Día Internacional da Muller. Fonte: UNESCO).

 

 

No día de hoxe celebrouse no IES As Telleiras a festividade do día. O profesorado do departamento de inglés levou a cabo distintas actividades combinando a educación en valores coa aprendizaxe lingüística, artística e poética.

 

 

 

Deixámosvos aquí unha mostra dos “Limericks” (epigramas) realizados en distintos grupos para conmemorar o Día Internacional da Muller.

 

 

 

 

Agradecemos enormemente o traballo do noso alumnado.

 

“Por un mundo donde seamos socialmente iguales, humanamente diferentes y totalmente libresRosa Luxemburgo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2022: NON Á GUERRA

ENTROIDO 2022: NON Á GUERRA!

 

Un ano máis o espíritu carnavalesco apoderouse hoxe do noso IES As Telleiras.

No departamento de inglés houbo tempo coma sempre para disfrutar co noso alumnado e os nosos compañeiros dun rato de ledicia e confraternización.

 

Nesta data festiva non olvidamos á poboación ucraína que está a padecer o ataque do exército ruso. NON Ä GUERRA!

 

                                           Membros do Dpto. de inglés celebrando o Entroido

 

Ata o vindeiro ano!

  

 

MERRY CHRISTMAS 2021

MERRY CHRISTMAS!

 

 

Un ano máis o departamento de inglés quere transmitirlle ao seu alumnado e aos demais membros da comunidade educativa do IES As Telleiras os mellores desexos para este Nadal e para o vindeiro ano 2022.

 

 

 

Agardamos que cada folla que vaia caendo do noso calendario sexa un día menos cara  a volta a tan desexada e lembrada normalidade.

 

 

 

Aproveitamos esta felicitación para amosarvos o estupendo traballo feito na decoración de portas polo alumnado da ESO.

 

 

Que pasedes todos unhas marabillosas e merecidas vacacións!

 

 

 

Vémonos á volta!

 

NOVA AUXILIAR de CONVERSA no IES AS TELLEIRAS

 

O IES Telleiras conta cunha auxiliar de conversa para este curso 2021 / 2022 dentro

do programa de seccións bilingües.

 

Procedente de Hollywood (Los Angeles, USA), Ms Arlene Lopez xa nos acompaña nas

nosas aulas.

 

 

Desexámoslle a mellor das singraduras no noso centro e  na nosa terra!

Benvida!

PROBAS de CERTIFICACIÓN en LINGUA INGLESA do NOSO ALUMNADO

No primeiro trimestre do ano 2022, 68 alumnos do noso IES As Telleiras realizarán as probas de acreditación de competencia lingüística en lingua inglesa (B1, B2, C1) segundo regula o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL).

 

 

Este departamento de inglés, en coordinación coa academia Oxford Jr. de Narón, está organizando a preparación do alumnado para que poda realizar as probas con garantías de éxito.

 

 Iniciamos este curso a participación neste programa de innovación educativa que pretendemos seguir levando a cabo nos vindeiros anos.

Agradecemos enormemente a masiva resposta do noso alumnado a esta proposta. Tentaremos implicar cada ano ao maior número de alumnos posibles para que se lles poda recoñecer oficialmente as súas competencias en lingua inglesa.

  

Na mañá de hoxe recibimos a visita de Andrea, coordinadora do centro examinador anteriormente citado quen explicou aos candidatos as características das probas.

 

 

 

Animóuselle ao alumnado que prepare as probas traballando os materias que teñen a súa disposición no grupo OXFORD TELLEIRAS creado ao efecto en Google Classroom.

 

 

 

Moita sorte a todos! YOU CAN!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HALLOWEEN NO IES AS TELLEIRAS

HALLOWEEN no IES As Telleiras

 

Esta semana festexamos no noso IES As Telleiras o fin do outono e a chegada do inverno.

 

 

 

No Departamento de inglés propuxémoslle ao noso alumnado actividades relacionadas coa festividade do Halloween. 

 

 

 

 

Houbo tempo para revisar a súa orixe celta e a súa natureza pagán e falamos tamén sobre o Samaín galego.

 

 

 

 

Houbo tempo para traballar distintas actividades, aprender xuntos, decorar cabazas e compartir unhas  castañas elaboradas seguindo a receita tradicional: a mellor lume e un castañeiro co seu tradicional carrito.

 

 

 

 

Trick or Treat: Give me something good to eat!

 

WORLD TEACHERS' DAY - 2021

WORLD TEACHERS' DAY

 

Celebrado anualmente o 5 de outubro desde 1994, o Día Mundial dos Docentes conmemora o aniversario da subscrición da Recomendación da OIT e a UNESCO relativa á Situación do Persoal Docente (1966). Esta Recomendación establece criterios de referencia en canto aos dereitos e responsabilidades do persoal docente e normas para a súa formación inicial e perfeccionamento, a contratación, o emprego, e as condicións de ensino e aprendizaxe.

 

Dende o Departamento de inglés queremos felicitar a todos os que compoñemos a familia docente neste día internacional no que se recoñece a un dos piares da sociedade.

 

 

Tamén queremos facer unha lembranza especial a familia docente do IES As Telleiras; aos que xa non están con nós, aos que seguen a dar o mellor de sí no día a día e a todos os profesionais que aínda están por chegar ao noso centro.

 


 

OH, HAPPY DAY!

 

WELCOME BACK TO SCHOOL!

WELCOME BACK TO SCHOOL!


Cos mellores desexos do Departamento de Inglés do IES As Telleiras:

 

Imaxe: www.keepcalmandposters.com

Distribuir contido


by Dr. Radut