Skip to Content

ST. PATRICK'S DAY no IES AS TELLEIRAS

 

Un ano máis o departamento de inglés celebrou co seu alumnado St. Patrick’s Day o 17 de marzo, no que ven sendo xa unha tradición neste instituto.

 

Foi unha magnífica ocasión para mellorar a aprendizaxe do noso alumnado, trasladando metaforicamente as nosas clases a distintos lugares de Irlanda, a illa esmeralda (The Emerald Isle).

 

 

 

Por un día percorremos as rúas de Dublín e somerxémonos nas tradicións e cultura deste país celta que tanto nos gusta.

 

 

 

 

 

Houbo tempo para coñecer a figura do seu patrón, St. Patrick  e a súa traxectoria evanxelizadora, falamos de trevos e arpas, elfos, arcos da vella, moedas de ouro e lembramos tamén a figura de Oscar  Wilde, un dos máis recoñecidos escritores irlandeses.

 

 

 

Lembramos a viaxe do Titanic, trasatlántico construído nos estaleiros de Belfast, lembramos os anos duros da Gran Fame (The Great Famine) e a emigración masiva a Norteamérica no século XIX.

 

 

Houbo tempo para a artesanía, e coa colaboración da nosa auxiliar de conversa elaboramos pulseiras na cor irlandesa por excelencia: a cor verde.

 

Para redondear a xornada no departamento, respectando as medidas de protección derivadas do COVID-19, degustamos un delicioso Irish Cake, elaborado por Mercedes Rodríguez un ano máis.

 

Incluímos nesta entrada imaxes da xornada.

 

Rematamos este artigo cun dito irlandés no que lembramos a dureza dos momentos que se están a vivir en Ucrania:

 

May peace and plenty bless your world!

 



blog | by Dr. Radut