Skip to Content

Blogues

CALENDARIO FIN DE CURSO 2023-24 2º BACHARELATO

   

Reclamación ás cualificacións ordinarias de 2º de bacharelato 

O alumnado de 2º de Bacharelato, poderá reclamar contra as cualificacións finais obtidas na convocatoria ordinaria, os días 20 e 21 de maio, de 9:00 a 13:30 horas nos despachos de Administración do centro, e dirixirse ao director do mesmo. 

Notificación de resolución de reclamacións 

As notificacións de resolucións serán entregadas aos/ás interesados/as ou representantes legais o día 22 de maio, na Xefatura de Estudos. 

Reclamación ante Xefatura Territorial de A Coruña 

Nun prazo de 48 horas desde a notificación da resolución, o alumno ou alumna, ou os seus representantes legais, poden solicitar por escrito no centro, que a dirección remita o expediente de reclamación ante o Xefe do Departamento Territorial de A Coruña. Esta será presentada nas oficinas do centro dende o 23 ao 24 de maio (até as 13:30 h do día 24 de maio). 

Para máis información, consulta a orde (Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovacion Educativa pola que se establecen os plazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa para o curso 2023/24)

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO 2023-2024

O pasado luns día 29 de abril abriuse o prazo para a solicitude dos Premios Extraordinarios de Bacharelato 2023-24, que rematará o vindeiro 28 de maio, para todo o alumnado que remate 2ºBAC no presente curso cunha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75. Concederánse un máximo de 20 premios cunha dotación económica de 1000€ cada un.

Poderá facerse a solicitude presencialmente nos lugares indicados pola orde ou telemáticamente a través da aplicación PremiosEdu ou na Sede Electrónica Procedemento ED311A.

A data da proba será o 19 de xuño de 2024. Boa sorte a todos e todas!!

Para máis información, preme aquí.

ORDE do 19 de abril de 2024 DOG do 26 de abril de 2024

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Hoxe é o día mundial contra o acoso escolar. Durante o curso no noso centro levouse a termo un obradoiro en 1eso sobre esta problemática en colaboración co Concello de Narón.  Como colofón desta actividade estaba programada unha andaina no camiño inglés que foi suspendida por mor do mal tempo. Aínda así, o  Concello ten programado unha exposición cos cartaces que o noso alumnado realizou. Como proba gráfica se exporán estas fotos ademais dos cartaces. Graciñas a tódol@s participantes!!

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2024

No día de hoxe celebrouse o Día Internacional do Libro con diferentes actos conmemorativos, desde a lectura de textos elexidos polo alumnado ata unha breve exposición dos feitos vencellados á data mesma, como a historia de San Xurxo, onomástica de hoxe. Se queredes vivir moitas vidas e transportarvos a mundos lonxanos, un libro sempre será o voso mellor amigo!!

VIAXES DE FIN DE CURSO DE 1º BAC E 4º ESO

O alumnado de 1º BAC e de 4º ESO saíu esta semana de viaxe de fin de curso: os de bacharelato, a Londres e Bélxica, mentres que os da ESO, a Tenerife. Foron experiencias moi enriquecedoras, grandes oportunidades para practicar a lingua estranxeira que estudian e para facer novos amigos ou coñerecer mellor aos de sempre. Grazas a Deus e ao profesorado acompañante, voltaron todos sanos e salvos. Un éxito en tódolos sentidos!!

   

 

                      

CHARLA PARA 1 ºBAC SOBRE LONDRES

 

Hoxe o alumnado de 1º BAC asistiu a unha charla organizada polo departamento de inglés en colaboración coa editorial Burlington Books, sobre a cultura inglesa en xeral e a cidade de Londres en particular, que van visitar próximamente coma viaxe de fin de curso. O ponente deu a oportunidade ao alumnado de participar activamente e fixo a experiencia moi didáctica e amena. Moitísimas grazas!

PARTICIPACIÓN NO CANGURO MATEMÁTICO

O pasado 22 de marzo alumnado de 1º e 2º da ESO participou no Canguro matemático, unha proba a nivel nacional onde cada participante ten que resolver distintas cuestións matemáticas de carácter lúdico e de dificultad creciente.

Está organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) dentro ca convocatoria que a nivel internacional realiza a Asociación Kangarou Sans Fontiêres (AKSF).

Aínda estamos a esperar resultados pero estamos seguros de que estarán ao nivel de pasadas edicións, que foi altísimo!! Noraboa aos participantes!!

 

VISITA Á PLATAFORMA LOXÍSTICA DE NEGREIRA

 

O alumnado de 4º da ESO, das materias de Economía e Emprendimento, e de Formación e Orientación persoal e profesional, achegouse o pasado xoves a Negreira, onde visitaron a plataforma de loxística do Sergas, no marco do programa familia-empresa. Ademais de ver as instalacións, recibiron información sobre o desenvolvemento do negocio desde os seus inicios como unha pequena empresa familiar de madeira e muíños ata convertirse nunha das empresas máis innovadores de España. Hoxe surte de material a máis de 688 centros do Sergas, entre hospitais, consultorios e centros de saúde.

Foi unha visita interesantísima!!

BOLSAS DE ESTUDO DO MEC CURSO 2024-25

Ata o 10 de mayo de 2024 ás 15 h poden solicitarse bolsas de estudo para o curso 2024/25.    Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line.

    Poderán ser beneficiarios das distintas contías os/as alumnos/as que no ano académico 24/25 cursen: 

Bacharelato.

Ensino Universitario.

Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.

Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores.

Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.

Ensinanzas deportivas.

Estudos relixiosos superiores.

Formación Profesional de Grao Básico.

Para máis información, pincha aquí.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Xa están publicadas no taboleiro as listaxes do alumnado que solicitou plaza no noso centro. TODOS OS SOLICITANTES FORON ADMITIDOS!

Desexamos veros no vindeiro curso connosco. Benvidos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut