Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Xa están publicadas no taboleiro as listaxes do alumnado que solicitou plaza no noso centro. TODOS OS SOLICITANTES FORON ADMITIDOS!

Desexamos veros no vindeiro curso connosco. Benvidos!!

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR

O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

Como funciona?

Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, escribe unha mensaxe de xeito ANÓNIMO, localiza o noso punto laranxa na entrada principal do instituto debaixo da escaleira á sá de profesores e deposita a túa mensaxe no buzón. Tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Punto Laranxa virtual nesta páxina web.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Os servizos administrativos deste centro permanecerán abertos durante estas vacacións de Semana Santa os días 25, 26 e 27 de marzo e mailo 1 de abril, de 10:00 a 12:00 horas. Grazas e perdoen as molestias. 

DIA INTERNACIONAL DA VISIBILIDADE TRANS

 

O día 31 de marzo celébrase o Día Internacional da Visibilidade Transgénero e no marco do programa Iguála-T, todo o alumnado de centro, agás 2º BAC, tivo a oportunidade de achegarse á figura do matemático e criptógrafo británico Alan Turing, un dos precursores da informática actual e o creador da máquina e do test de Turing. Durante a Segunda Guerra Mundial traballou para descifrar os códigos nazis empregados na máquina Enigma, tal e como queda plasmado na película “Descifrando Enigma” que viron na mañá de hoxe. Turing foi procesado por homosexual e suicidouse dous anos despois. 

 

   

DEFENSA PERSOAL NO IES AS TELLEIRAS

Onte o alumnado de 4º ESO do noso centro recibiu clases de defensa persoal a cargo da Escuela de Defensa Persoal e Policial HKF, no marco dos programas CP Inclúe-T e Iguala-T. Aparte de practicar como defenderse ante diferentes tipos de situacións, déronnos valiosos consellos: a mellor defensa comeza coa PREVENCIóN. Moitísimas grazas!! Unha tarde moi útil!!

PROXECTOS DE TECNOLOXÍA DE 1º DE ESO

Mostramos a continuación os proxectos do alumnado de 1º ESO que estivo traballando moi duramente no taller de Tecnoloxía coa axuda da súa profesora, Tamara Cercido. Fantástico resultado. Parabéns!!

 

 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023-24

 

Nos días 10 e 11 de abril, na Comunidade Autónoma de Galicia, vaise levar a cabo a avaliación de diagnóstico na que participará o alumnado de 2º da ESO. Trátase dunha proba anónima de carácter anual que comeza este curso 2023-2024 e que valorará as competencias do alumnado nas materias de linguas (castelán, galega e estranxeira) así como en matemáticas.  Non terá ningún efecto académico nin se reflectirá no expediente do alumnado. O obxectivo desta avaliación non é outro que obter información valiosa sobre o sistema educativo e o grao de adquisición das competencias en cada centro, tomando como referencia o alumnado de toda Galicia.

No seguinte enlace tedes información máis detallada.

OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA 2024

O pasado 14 de marzo, na final rexional da XI Olimpiada Filosófica celebrada en Santiago de Compostela, as nosas alumnas Vera Caneiro, na modalidade de Dilema Moral,  e Lara Díaz, na modalidade de Fotografía filosófica, acadaron un segundo posto, o que lles permite pasar á fase estatal, a celebrar en Bilbao os días 19 e 20 de abril.

Parabéns ás dúas e ao seu profesor de filosofía, Pablo López Sixto!!

Se queredes ver os traballos presentados, pinchade aquí.

EXCURSIÓN A TENERIFE 2024

O pasado mércores celebrouse a xuntanza de país de nais do alumnado de 4º ESO que viaxarán o próximo mes de abril a Tenerife. A información transmitida na mesma recóllese no seguinte arquivo

8M DÍA INTERNCIONAL DA MULLER

Celebramos este 8M Día Internacional da Muller con varias iniciativas, todas elas encamiñadas a mostrar os éxitos acadados por mulleres en distintos ámbitos da nosa sociedade. Igualmente, as profesoras do centro reflexionan sobre a súa vivencia persoal e como o feito de ser muller ten afectado ás súas carreiras profesionais. Orgullosas de servir de referentes ao noso alumnado!

   
       
Distribuir contido


by Dr. Radut