Skip to Content

Escolares

Alumnado de 3º de Educación Dixital gaña o 1º Premio no concurso "A maxia da robótica"

O alumnado de 4º de Tecnoloxía e de 3º de Educación Dixital do IES As Telleiras participou no Obradoiro Concurso da “Maxia da Robótica”, que organiza Igaciencia no centro Ágora en A Coruña; neste concurso participan vinteseis centros de toda Galicia con máis de oitocentos nenas e nenos. O concurso consiste en vinte retos de robótica que os rapaces e as rapazas teñen que resolver agrupados en equipos de cinco ou seis persoas programando robot EV3 no tempo dunha hora.

O alumnado de Telleiras tivo unha actuación fantástica deixando moi alto o nivel do noso centro, e cómpre salientar ademais que un equipo da materia de “Educación Dixital”  integrado por Cristina López, Lara Torrente, Naiala Pérez, José Fuentes y Cloe Hermida acadaron o primeiro lugar da categoría 1º y 3º da ESO, gañando un premio de 300€; por este motivo foron convidados a un acto no centro Ágora organizado pola Concellería de Cultura da Coruña.

Parabéns a todo o alumando participante e, por suposto, aos premiados.

La Voz de Galicia fíxose eco desta convocatoria. Pódese consultar a nota de prensa aquí

Coberturas do seguro de cancelación: viaxe cultural 4ºESO

O prezo da viaxe cultural de 4ºESO a Tenerife inclúe un seguro de asistencia en viaxe, obrigatorio para todos os pasaxeiros e que non ten un custe adicional. Con todo, existe a posibilidade de contratar un seguro a maiores: 

-Seguro de cancelación (20 euros): anulación de viaxe por causa xustificada

Se dexesan ver as condicións que establece este seguro para a viaxe a Tenerife poden facelo consultando os documentos adxuntos.  

De estar interesados na súa contratación deberase facer un ingreso ao mesmo número de conta do depósito inicial indicando no concepto:  Seguro + Nome do alumno + (IES As Telleiras)

1ª Convocatoria de reunión do grupo LGBTelleiras (16 de novembro)

Convocamos a todas as persoas interesadas en facer parte de LGBTelleiras á primeira reunión do grupo, que terá lugar o mércores 16 de novembro no segundo tempo de lecer na biblioteca.

Animádevos a participar! 

Samaín e Magosto (28/10/2022)

O venres 28 de outubro o IES As Telleiras celebrou de forma conxunta o Samaín e o Magosto. Nesta conmemoración o alumnado realizou diversas actividades ao longo da mañá.

Por un lado, o alumnado de 1ºESO, 2ºESO e 3ªESO participou nun concurso de portas fúnebres. Aquí podedes ver algunha delas:  

 

 

 

Por outro lado, o alumnado de 4ºESO e 1ºBACH participou nun concurso de epitafios con moita retranca:

Mesmo o profesorado do centro se animou a participar decorando as portas dos distintos departamentos didácticos: 

Ao longo da mañá tamén se desvelaron as persoas gañadoras do concurso de relatos de ultratumba, convocado pola biblioteca, e do concurso de cabazas. 

As persoas premiadas no concurso de relatos foron Daniel Varela Tajes con "La casa misteriosa", Julia Calderón Lago con "Pesadelos de dor" e Diego Mourente con "El castillo del Infierno". 

As tres cabazas gañadoras foron da autoría de Diego Mourente, Ayelén Rodríguez Vilariño e Carolina Yáñez Gato, e Alexandre Rodríguez e Claudia Rego Serantes. 

E ao finalizar a mañá todo o alumnado do centro e o resto dos membros da comunidade educativa gozaron dunha degustación de castañas asadas.

 

Poliza do seguro de anulación Race: Viaxe cultural 1ºBACH

O prezo da viaxe cultural de 1º de Bacharelato a Amsterdam inclúe un seguro de asistencia en viaxe, obrigatorio para todos os pasaxeiros e que non ten un custe adicional. Con todo, existe a posibilidade de contratar un seguro a maiores: 

-Seguro de anulación RACE (15 euros): anulación de viaxe por causa xustificada

-Seguro Premium (178): anulación da viaxe sen necesidade de xustificación

Se dexesan ver as condicións que establece o seguro de anulación RACE para a viaxe a Amsterdam e o seguro Premium poden facelo consultando os documentos adxuntos.  

Día das escritoras (17 de outubro)

O 17 de outubro conmemórase o "Día das escritoras" e desde as bibliotecas escolares propuxeron visibilizar a obra de autoras galegas, ben a través de exposicións, ben lendo fragmentos na hora de ler ou nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación. 

Desde a biblioteca do IES As Telleiras realizamos unha exposición da obra de escritoras galegas:

O Departamento de Lingua e Literatura Galega realizou tamén varias actividades de creación e de investigación centradas na figura de mulleres escritoras: 

E o Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizou unha exposición en que diferentes textos de autoría feminina dialogan entre si: 

Desexamos que vos guste! 

Día Internacional da Democracia (15 de setembro)

O día 15 de setembro foi o Día Internacional da Democracia e para celebralo o alumnado de 1º de BACH do IES As Telleiras realizou durante esa semana cadansúa proposta para a conmemoración dun novo "Día Internacional". Unha vez expostas as diferentes candidaturas, escolleuse mediante votación a máis popular! 

 Podedes ver aquí como foi todo o proceso!

 

 

 

 

 

Xornadas de acollida para o alumnado de 1º ESO (8 de setembro)

Para o alumnado de 1º ESO realizáronse durante toda a mañá unhas XORNADAS DE ACOLLIDA con distintas actividades encamiñadas a dar a coñecer as instalacións e as distintas actividades que oferta o centro: a biblioteca, a zona de xogos, o club de ciencias, as instalacións deportivas, a cafetería...

 

Fotografías do eclipse (10/06/2021)


FOTOGRAFÍAS DO ECLIPSE

  10/06/2021


 

     

Eclipse parcial de Sol (10/06/2021), fotografiado por Joao Marcal Sueiras (1º Bac B).

Actividades con motivo do 8M


Actividades no IES As Telleiras

Día Internacional da Muller 2021


 

Todas as mulleres que aquí presentamos son un exemplo de valentía, bravura e coraxe.

Mulleres traballadoras que nos precederon, movéronse e loitaron por un mundo máis xusto e igualitario.
 
As nosas heroínas !!!!!!       Gustaríanos honralas no seu día.
Estas son as súas historias, tal como nolas conta o alumnado de 1º de ESO de Mobilidade:

 

Destacamos tamén as actividades do Departamento de Inglés con motivo do 8M:
Distribuir contido


by Dr. Radut