Skip to Content

Taboleiro

Información sobre a matrícula na ABAU -- Convocatoria ordinaria, xuño de 2021


INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA NA ABAU

Convocatoria ordinaria -- xuño de 2021


 

Neste ENLACE facilítase un documento co procedemento e as datas de formalización da matrícula na proba de avaliación de bacharelato a través da secretaría do centro.

 

A Dirección

Probas libres para a obtención do título de Bacharel (maiores de 20 anos) -- 2021

Convocadas as probas libres para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.

Prazo de inscrición: do 3 de marzo ao 10 de marzo de 2021.

Celebración da proba:

Data: 23 de abril de 2021.

Lugar: IES San Clemente de Santiago de Compostela.

 

Para máis información CLIQUE AQUÍ.

Para descargar o formulario de inscrición CLIQUE AQUÍ.

Información xeral CLIQUE AQUÍ.

Probas libres para a obtención do título de Graduado en Secundaria (maiores de 18 anos) 2021

Convocadas as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos:

Prazos de matrícula:

Convocatoria de maio: do 8 ao 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

Convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

Realización das probas:

Convocatoria de maio: 21 de maio de 2021, en sesións de mañá e tarde.

Convocatoria de setembro: 10 de setembro de 2021, en sesións de mañá e tarde.

 

Para máis información (páxina da Xunta) CLIQUE AQUÍ.

Para descargar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN CLIQUE AQUÍ.

Información xeral (resolución) CLIQUE AQUÍ.

Matrícula -- Curso 2021 - 2022

 


 PRAZOS DE MATRÍCULA

CURSO 2021-2022


 

ESO: martes 7 de setembro de 2021.

Bacharelato: mércores 8 de setembro de 2021.

 

O horario de secretaría é de 9.00 h a 14.00 h.

 

 

Xefatura de Estudos

ENTREGA BOLETÍNS CUALIFICACIÓNS DE SETEMBRO


Entrega de boletíns de cualificacións,

recollida de libros de texto e dos

ordenadores EDIXGAL 2º ESO

 (setembro 2020)


 

XOVES 3 DE SETEMBRO
  • 2º Bacharelato (diúrno e adultos): ás 9.00 h na conserxaría.
  • 1º Bacharelato (diúrno e adultos) e ESA: ás 11.30 h no vestíbulo do edificio da ESO.
  • 1º de ESO: ás 16.30 h no vestíbulo do edificio da ESO.
  • 2º de ESO: ás 17.00 h no vestíbulo do edificio da ESO.
  • 3º de ESO: ás 17.30 h no vestíbulo do edificio da ESO.
  • 4º de ESO: ás 18.00 h no vestíbulo do edificio da ESO.
IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DA ESO: o alumnado pendente da devolución de libros de texto devolverá os libros no vestíbulo do edificio da ESO á mesma hora de entrega dos boletíns de notas.
 
Para a devolución dos ordenadores EDIXGAL de 2º ESO (ordenador, cargador, funda, punteiro e caixa) terá que vir un dos proxenitores ou responsables do/a alumno/a. A devolución realizarase na biblioteca do centro, á mesma hora de entrega dos boletíns de notas.
 
Será obrigatorio o uso de máscara.

 

A Dirección

Instrucións para a realización dos exames de setembro 2020

 


Instrucións para a realización dos exames de setembro 2020


 

As instrucións para a realización dos exames de setembro de 2020 están dispoñibles no seguinte enlace: instrucións.

 

Xefaturas de Estudo de diúrno e adultos

Becas e axudas do Ministerio de Educación

 


 Becas e axudas - Ministerio de Educación

 Curso 2020-2021


 

Está aberto o prazo de solicitude de becas e axudas convocadas polo Ministerio de Educación para o curso 2020-2021 destinadas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo e para estudar Bacharelato (e FP e outros estudos non universitarios).

 

Prazos para presentar as solicitudes:

  • Alumnado con necesidade específica de apoio educativo: do 9 de agosto ao 30 de setembro de 2020.
  • Bacharelato: do 9 de agosto ao 1 de outubro de 2020.

 

Pódese consultar a información nas seguintes URL:

Prazo de admisión para o curso 2020/2021

 


 

PRAZO DE ADMISIÓN PARA O

CURSO 2020/2021


 

Do 1 ao 20 de marzo

 

O alumnado de nova incorporación que queira solicitar praza para o próximo curso no IES As Telleiras pode facer a solicitude da seguinte forma:

 

Vía dixital no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

(só entre o 1 e o 20 de marzo)

 

Forma presencial no IES As Telleiras

(como o último día do prazo, 20 de marzo, o centro permanecerá pechado por ser día non lectivo, poderase entregar a documentación tamén o luns 23 de marzo).

 

A Dirección

 

Probas acceso a ciclos formativos de Formación Profesional

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional - Convocatoria 2020

 Prazo de inscrición:

  •  Ciclo medio: do 2 ao 13 de marzo de 2020
  • Ciclo superior: do 10 ao 19 de febreiro de 2020

 Celebración da proba:

  •  Ciclo medio: 28 de maio de 2020
  • Ciclo superior: 23 de abril de 2020

Para máis información sobre as probas de acceso aos ciclos de grao medio

CLIQUE AQUÍ

Para máis información sobre as probas de acceso aos ciclos de grao superior CLIQUE AQUÍ

 

Normativa aplicable: Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Aviso sobre o transporte escolar 2020


 

Aviso sobre o transporte escolar


 

 

A partir do 8 de xaneiro de 2020, a Consellería de Educación modifica as concesións do transporte escolar, polo que os autobuses que recollerán ao alumnado serán de outras empresas, pero as paradas e os horarios serán os mesmos. Desculpade polas molestias.

Distribuir contido


by Dr. Radut