Skip to Content

O alumnado de oratoria de 2ºESO participa nun pleno escolar no Concello de Narón

 

O venres 3 de marzo, o Concello de Narón celebrou un pleno moi especial, no que alumnos e alumnas do IES As Telleiras, do CPR Jorge Juan e do IES Terra de Trasancos se converteron en concelleiros/as por un día e realizaron varias propostas de enorme interese. Nesta sesión tamén participou a concelleira de Educación, Mercedes Taibo, o secretario Xeral, Afonso de Padro e presidiu a sesión a alcaldesa, Marián Ferreiro.

As propostas do alumnado de Telleiras ían destinadas ao ámbito do lecer, do deporte e dos servizos de transporte público. Agardamos que este encontro e estas propostas sexan tan ben acollidas polo Concello de Narón como entre o alumnado e o profesorado o foi a participación nesta actividade.

A camiseta que máis mola do IES As Telleiras

 

Sara Vázquez de Peroy acada o 6º posto na Olimpiada de Bioloxía

O pasado 17 de febreiro tivo lugar na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela a fase autonómica da Olimpiada de Bioloxía na que Sara Vázquez de Peroy, alumna de 2º BACH, acadou o 6º posto! Moitos parabéns Sara! 

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 23-24

Todo o alumnado dos centros adscritos que realizou a reserva de praza foi admitido. As vacantes poderán consultarse no taboleiro de secretaría en horario de atención ao público, isto é, de 09:00 a 14:00.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O mércores 1 de febreiro en horario de tarde celebraremos unhas xornadas de acollida para recibir a todas as familias interesadas en visitar o noso centro. 

Esperámosvos no salón de actos no seguinte horario: 

1ºESO ás 16:00 horas

1ºBACHARELATO ás 18:00 horas

Vide a coñecernos! 

 

 

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2023/2024

FASE DE RESERVA DE PRAZA EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos. 

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar presencialmente ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde. 

Este formulario será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Adxuntámolo tamén nesta entrada. 

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da antedita aplicación. 

Lembramos que os nosos centros adscritos son A Solaina, Virxe do Mar, Ayala e CPI O Feal. 

 

 

Felices Festas e Bo Nadal!

Reunión ANPA

Lembrámosvos que hoxe, 13 de decembro ás 18:00 horas, se celebrará no salón de actos do centro a reunión para a formación da ANPA Castelao coa seguinte orde do día: 

1- A ANPA: Por que poñela en marcha?

2- Situación actual da ANPA Castelao: que nos encontramos. 

3- Pasos a dar pola "Asemblea de Transición"

4- Rogos e preguntas. 

Para calquera dúbida ou información adicional podedes contactar a través do seguinte enderezo electrónico: anpacastelaoastelleiras@gmail.com. 

É importante que toda a comunidade educativa e en especial as familias se impliquen no centro en que estudan os seus fillos e fillas, de modo que contamos convosco! 

Festival de Nadal e Concurso de Postais

 

10 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

O día 10 de decembro a comunidade internacional celebra o Día dos Dereitos Humanos. Este ano a festividade cadrou en día non lectivo, mais o alumnado estivo traballando arredor desta temática nas semanas anteriores á celebración, reivindicando dun modo artístico algúns dos dereitos fundamentais. 

Os resultados desta iniciativa do EDLG tomaron forma de tapetes para o rato do ordenador e están sendo exhibidos durante esta semana no vestíbulo do centro, xunto cunha explicación dos elementos máis significativos que encerra esta conmemoración, aínda tan necesario nos nosos días. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut