XXII concurso canguro matemático europeo 2015
A finais deste mes farase entrega dos premios e diplomas ao alumnado que se presentou a este importante certame internacional, no que o IES As Telleiras tivo unha excelente participación: 24 alumnos (17 de 1º ESO, 3 de 2º ESO, 2 de 3º ESO, 2 de 4º ESO, 1 de 1º BAC y 2 de 2º BAC) O concurso tivo lugar, de forma simultánea en todos os países que concorren a el, o 24 de marzo e, como non podía ser doutra forma, o noso centro acudiu á cita con toda a ilusión e as ganas que sempre espertan este tipo de eventos. |
|
Por iso, queremos felicitar a todo o alumnado participante pois, sexan cales sexan os resultados, consideramos que a actividade foi moi positiva e que con ela se acadaron todos os obxectivos propostos: - que o alumnado, a través das matemáticas, se cree un reto con el mesmo e cos demais. -incentivar o gusto polas matemáticas. - que o alumnado se divirta coas matemáticas xogando con elas a modo de pasatempos. Noraboa, de novo, a todos os/as valentes que se atreveron a encarar semellante reto.
Esperamos que nas próximas edicións do concurso continúe o éxito de participación acadado e, desde aquí, animamos a todo o alumnado a continuar nesta liña. |