Skip to Content

Encontro con...

O escritor David Lozano estivo hoxe no centro para participar nunha charla co alumnado de 2º e 3º de ESO. O acto estivo organizado polo departamento de Lingua Castelá.

O autor, tras ser presentado por dúas alumnas de 3º A, explicou os aspectos fundamentais da tarefa de escribir e algunhas das claves da novela negra que el cultiva.

Despois deu paso á quenda de preguntas, que suscitou moito interese e moita participación por parte do alumnado. O acto rematou coa firma de exemplares da obra Donde surgen las sombras.

Previamente os/as alumnos/as destes niveis leron a novela citada e realizaron diferentes traballos (presentacións, reseñas, booktrailers). Para ver algúns deles, premede aquí.



page | by Dr. Radut