Skip to Content

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO: INFORMACIÓN IMPORTANTE

O alumnado matriculado en 1º e 2º curso da ESO ao estar incluídos no proxecto de educación dixital (EDIXGAL), están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto.

Porén, o IES As Telleiras organizará o préstamo de libros de texto para este alumnado cos fondos de campañas anteriores.

Os nais e pais de todo o alumnado matriculado poderán solicitar estes libros no momento da matrícula.

Sen prexuízo do anterior todo o alumnado que reúna os requisitos establecidos na orde de 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 poderán solicitar as axudas para a adquisición de material escolar.



page | by Dr. Radut