Skip to Content

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR: PRAZO SOLICITUDES

No Boletín Oficial da Provincia do día de hoxe publicáronse as BASES e CONVOCATORIA PÚBLICA de axudas para MATERIAL ESCOLAR Curso Académico 2019-2020.

O prazo para solicitar estas axudas ábrese o vindeiro luns día 17 de xuño e permanecerá aberto ata o día 8 de xullo (ambos inclusive).

As solicitudes estarán a disposición dos/das solicitantes na Sede Electrónica  e no Rexistro Xeral do Concello, dende o propio día 17 de xuño.

NOTA IMPORTANTE: Deberá solicitar a axuda incluso aquel alumnado que ainda non sepa en que curso ou  Centro escolar de Narón quedará definitivamente matriculado (setembro) porque o prazo de solicitude é único e improrrogable.



page | by Dr. Radut