Skip to Content

Profes por un día

Os nosos alumnos de 1º da ESO Daniel e Mateo pasaron a profes por unha mañá grazas a unha actividade impulsada desde o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. Os dous rapaces, tomaron parte dunha sesión divulgativa dirixida ás persoas maiores ofrecéndolles información relacionada coa educación e seguridade viaria. A continuación, nenos e maiores desprazáronse desde o centro Manuela Pérez Sequeiros ata o tanque de tormentas Inxerto II para aprender de primeira man como funciona esta infraestrutura tan importante para o saneamento da nosa ría.

+info: www.naron.es/web/cat/gal/noticias/get/3477

 

 



page | by Dr. Radut