Evitar navegación.
Principal

FICHA 2- A EDUCACIÓN SEXUAL

Traballar cos nosos alumnos e alumnas a educación sexual é un reto que se nos propón a moitos docentes. Saber como aproximarse a esta dimensión fundamental da identidade humana non é un traballo doado. De feito, moitas veces, sentímonos perdidos e perdidas como educadores e educadoras, xa que a realidade sexual móvense en planos aos que nós non estamos acostumados. Cousas dos nativos e nativas dixitais...

Como queríamos dar resposta ás nosas inquedanzas e ofrecer información segura aos nosos adolescentes, empezamos á aproximación á construción da identidade sexual da ampla diversidade do noso alumnado, a través da FICHA 2 do Proxecta que estamos a desenvolver.

A actividade dividiuse en dúas partes:

Por unha banda, as rapazas e rapaces escribían, cada quen nun anaquiño de papel, aquelas palabras que consideraban esenciais para definir o sexo. Posteriormente, anotamos algunhas destas ideas no encerado, e en canle aberta co profesorado, debatemos e amplificamos a definición de sexo que traballamos.

Posteriormente, demos tempo para escribir de forma anónima dúbidas que puidese ter o noso alumnado en relación á sexualidade.

Con esta estrutura, intentamos abrir un debate, un espazo e un tempo para que alumnado e profesorado se comunicasen, e á vez, construír unha idea ampla e variada de sexualidade para contribuír a condutas saudables e respectables.

 

Aquí unha fotiño do alumnado de 3ºC comunicándose na aula!

 

FICHA 2- PROXECTA QUÉROTE+