Evitar navegación.
Principal

Proxecta Quérote+

FICHA 6- CULTIVANDO HABILIDADES

Moitas veces, a sociedade marca normas que nos axudan a comportarnos e a gardar certos límites nas relacións para cos demais. Non obstante, na adolescencia, estas presións ou normas sociais (nesta idade, as que realmente importan son as establecidas no grupo de iguais) poden exercer presións por cumplir o que “debería ser”. Esto sucede tamén no mundo da sexualidade e da erótica.

Para comezar a cultivar cos nosos rapaces o relativo á reflexión crítica e o propio criterio xogamos un pouco ao…TEATRO!

A través de pequenos role-playing nos que establecíamos situacións cotiáns, os nosos alumnos e alumnas, en grupo, representaban distintos escenarios para resolver estos contextos repetidos nas súas vidas.

Unha situación?

“Levas tempo coa túa parella e proponche ter relacións sexuais. Ti non o ves aínda claro, pero insiste dicíndoche que xa o necesita e que ademais todo o mundo xa o fixo. Que lle dirías?”

Os nosos rapaces e rapazas deron moitas contestacións moi inxeniosas para poder facer respectar o seu punto de vista.

Grazas por unha sesión tan enriquecedora!

As alumnas e alumnos de 3ºA traballando nos seus produtos

 

FICHA 5- A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA

Nesta ficha reflexionamos sobre un tema que toda a sociedade considera importante dadas que as redes sociais e a tecnoloxía ocupan, nestes momentos, un espazo e tempo da nosa realidade cotiá bastante relevante.

Por suposto, existe unha preocupación porque os nosos alumnos/as, aínda que consideramos que esta reflexión se podería estender a todas as idades, poidan tomar boas decisións nas súas relacións nesta realidade “paralela”.

 

Para que a dinámica fose entretida, fixemos varias tarefas. Para empezar, un xogo de verdadeiro e falso con diversas ideas ou cuestións, como por exemplo:

Se envío un whatsapp a alguén que está en liña e non me contesta sinto frustración e ás veces mesmo enfado.

Se estás en parella o normal é coñecer o código de acceso do seu teléfono xa que non hai nada que ocultar.

 Polas redes sociais digo cousas que non diría en persoa, tanto boas como malas.

 

Grazas a estas frases catalizadoras acadamos grandes debates moi interesantes na aula. Podemos preguntarlles mañá se chegaron a unha reflexión aplicable ás súas vidas ;)

 

FICHA 4- O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO

Durante o desenvolvemento destas sesións, fixemos cos alumnos e alumnas de 3º da ESO un exercicio de crítica e reflexión social moi importante. Importante por dúas razóns:

- Por unha banda, ser capaces de cuestionarse as prácticas e dinámicas da sociedade para ver se se corresponden cos nosos valores e necesidades.

- E, por outra parte, identificar prácticas que. ás veces, poden resultar perigosas, pero están escudadas baixo a imaxe do amor romántico.

Afortunadamente, durante o traballo destas sesións, démonos conta de que, aínda que temos que seguir falando destes temas, e cuestionando certas ideas que veñen “por defecto” na nosa cultura, si que é certo que vemos ás novas xeracións cada vez máis concienciadas. Dúas ideas básicas se repetían durante o traballo deste tema: consentimento e respecto.

Para esta reflexión, acudimos aos media máis potentes nas transmisións de condutas e patróns sociais: ós massmedia; nestas sesións, centrámonos na música e nas series.

Por suposto, as análises que máis se repetiron foron en relación ao reggaetón e á serie Élite.

Vos a vistes? Un pouco chea de estereotipos está!

Deixámosvos un exemplo da presentación que fixo un grupo de 3º de PDC para a súa clase.

As nosas alumnas e alumnos saben o que é amor de bo rollo!

FICHA 3- A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL

En relación á identidade e a orientación do desexo, todas as persoas somos diversas. Hai un sen fin de maneiras de sentirse que se manifestan por diversas canles.

Por esta razón, resulta fundamental traballar, dentro deste Proxecta, favorecer a comprensión dos conceptos de identidade e orientación por parte do alumnado, para así, favorecer unha convivencia respectuosa e harmónica entre as distintas orientacións, sexos e identidades, en toda a súa ampla gama e as características propias de cada individuo. Así, potenciamos un factor clave na prevención de calquera tipo de conduta discriminatoria.

Nesta ficha, por unha banda, vimos e analizamos unha serie de vídeos, entre os que queremos destacar este, en particular, polo seu compoñente pedagóxico:

https://www.youtube.com/watch?v=1QbTZYiQ6BA&t=89s&ab_channel=CARKIPRODUCTIONS

E por outra, deseñamos, entre todas e todos, traballando en aprendizaxe cooperativa, unha serie de carteis para poñer nos espazos do centro, sobre a aceptación da diversidade de todas as persoas.

FICHA 2- A EDUCACIÓN SEXUAL

Traballar cos nosos alumnos e alumnas a educación sexual é un reto que se nos propón a moitos docentes. Saber como aproximarse a esta dimensión fundamental da identidade humana non é un traballo doado. De feito, moitas veces, sentímonos perdidos e perdidas como educadores e educadoras, xa que a realidade sexual móvense en planos aos que nós non estamos acostumados. Cousas dos nativos e nativas dixitais...

Como queríamos dar resposta ás nosas inquedanzas e ofrecer información segura aos nosos adolescentes, empezamos á aproximación á construción da identidade sexual da ampla diversidade do noso alumnado, a través da FICHA 2 do Proxecta que estamos a desenvolver.

A actividade dividiuse en dúas partes:

Por unha banda, as rapazas e rapaces escribían, cada quen nun anaquiño de papel, aquelas palabras que consideraban esenciais para definir o sexo. Posteriormente, anotamos algunhas destas ideas no encerado, e en canle aberta co profesorado, debatemos e amplificamos a definición de sexo que traballamos.

Posteriormente, demos tempo para escribir de forma anónima dúbidas que puidese ter o noso alumnado en relación á sexualidade.

Con esta estrutura, intentamos abrir un debate, un espazo e un tempo para que alumnado e profesorado se comunicasen, e á vez, construír unha idea ampla e variada de sexualidade para contribuír a condutas saudables e respectables.

 

Aquí unha fotiño do alumnado de 3ºC comunicándose na aula!

 

FICHA 2- PROXECTA QUÉROTE+

PROXECTA QUÉROTE+, QUE É?

Ola a todas e todos!

Como puidestes observar en anteriores entradas, este ano 2022/2023, estamos a desenvolver no IES o Proxecta Quérote+.

Seguro que moitos e moitas de vós estádesvos a preguntar que é e que significa este proxecto.

En primeiro lugar, destacar que o Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración con distintos axentes e organismos, neste caso Quérote+, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que posibiliten a aprendizaxe cooperativa, interdisciplinar e competencial.

Neste noso caso, estamos a desenvolver o Proxecta Quérote+, que ten como obxectivo fundamental promocionar entre o noso alumnado o proceso de crecemento e maduración no ámbito da educación para a convivencia entre os sexos (educación sexual, modelos de amor e de parella, uso das tecnoloxías nas relacións, comunicación…), respondendo aos ODS da Axenda 2030 de saúde e benestar, igualdade de xénero e educación de calidade.

Este proxecto desenvolverase a partir de 8 fichas propostas polos nosos compañeiros e compañeiras de Quérote+. 

Este material, estase desenvolvendo cos nosos alumnos e alumnas de 3º da ESO na hora de titorías, aínda que contamos coa colaboración de varios departamentos, como os de linguas ou bioloxía.

E xa que este traballo interdisciplinar da educación afectiva e sexual empeza a dar os seus froitos… decidimos presentar o seu desenvolvemento á nosa comunidade educativa.

Na primeira ficha, unha das profesionais do equipo de Quérote+ Coruña, veu a presentar o programa.
Nesta sesión, os rapaces e rapazas achegáronse ao recurso de Quérote+, das súas asesorías e a distinta información que tiñan ao seu alcance na web (http://xuventude.xunta.es/querote-mais)

Desta maneira, intentouse conseguir o propósito de que o alumnado entendese e interiorizase a rede de centros da que dispoñen e cal está máis preto.

Unha representación gráfica dunha das sesións…

 

 FICHA 1- PROXECTA QUÉROTE 

Moitas grazas a Quérote+ por achegarnos un pouco máis á súa labor!

Non vos perdades de que ía e que fixemos na ficha 2.

Proxecta Quérote+

 

 

Este ano, co alumnado de 3º da ESO estamos a desenvolver o Proxecta Quérote+. Este proxecta estase a desenvolver en función a distintas actividades para  fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais.

Irémosvos contando cada unha das actividades... pero como esta semana é a semana do amor... decidimos colgar xa un vídeo cos distintos carteis que fixeron os nosos alumnos e alumnas nas clases de Lingua e literatura galega, como produto das súas reflexións sobre o concepto de amor romántico.

Distribuir contenido