Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

2ª XORNADA 2º ESO A-B-F - DOS DEPORTES NA NATUREZA CO ALUMNADO DE 1º C.M. GUÍA DO MEDIO NATURAL E O TEMPO LIBRE DO CIFP Universidade Laboral (Culleredo)

O mércores 22 de marzo, volvemos a repetir xornada co alumnado de 1º C.M. DE GUÍA DO MEDIO NATURAL E O TEMPO LIBRE do CIFP Universidade Laboral (Culleredo), pero nesta nova xornada participamos o alumnado de 2º ESO dos grupos A-B-F. E experimentamos as actividades no medio natural: ORIENTACIÓN - ESCALADA - DEPORTES TRADICIONAIS. 

De novo aproveitamos para dar as grazas a CIFP Universidade Laboral ao profesorado que fixo posible esta xornada - Xurxo, Lucía e Diego!!

 

1ª XORNADA 2º ESO D-C-E - DOS DEPORTES NA NATUREZA CO ALUMNADO DE 1º C.M. GUÍA DO MEDIO NATURAL E O TEMPO LIBRE DO CIFP Universidade Laboral (Culleredo)

O martes 21 de marzo, o alumnado de 2º ESO grupos D-C-E, desfrutamos dunha auténtica xornada de deportes na natureza: ORIENTACIÓN, ESCALADA, DEPORTES DE TEMPO LIBRE. Xornada diferente xa que o alumnado de 1º C.M. DE GUÍA DO MEDIO NATURAL E O TEMPO LIBRE do CIFP Universidade Laboral foron os nosos técnicos, impartindo as diferentes actividades. Desfrutamos moito de toda a mañá organizada por este grupo de futuros profesionais de actividades no medio natural, os cales desexamos moitísima sorte!!

Grazas a CIFP Universidade Laboral ao profesorado que fixo posible esta xornada - Xurxo, Lucía e Diego!!

 

DÍA DE RUGBY CO CRAT CORUÑA

O xoves 16 de marzo, o alumnado de 3º ESO tivemos a gran oportunidade de poñer en práctica contidos de Educación Física co Club CRAT Coruña, estamos falando do RUGBY. Gozamos dunha gran xornada no campo de Rugby da Laboral - Acea da Ama, ademais de ter a oportunidade de coñecer a un club con grandes xogadoras internacionais e poder aprender con elas.

MOITAS GRAZAS por presentarnos o voso gran deporte  CRAT Coruña!

 

 

Roteiro Interdisciplinar RÍA DO BURGO


 

Este venres 9 de xuño o alumnado de 3ºESO dos grupos B e C de Proxecto Competencial, fixeron un roteiro pola ría do Burgo, achegándose así ao seu entorno dun xeito multidisciplinar (a súa Historia, a arte medieval, a xeoloxía,...), e disfrutando dos xogos nunha paraxe inmellorable.

 

AS IMAXES NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum " Roteiro Interdisciplinar RÍA DO BURGO 09-06-2023"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe

 

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo: ditado colorado

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo: ditado colorado

O luns 5 de xuño, o alumnado de 1⁰ de bacharelato B visitou o Centro de día de Culleredo e compartiron unha xornada marabillosa entrevistando os maiores, escoitando atentamente como era o reparto desigual das tarefas domésticas no último século, e cubrindo xuntos un ditado numérico.

TEMOS TODAS AS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe.

SEGUIREMOS ENGADINDO MÁIS NAS PRÓXIMAS VISITAS

Distribuir contenido