RESEÑAS actividades
FORMACIÓN DE ÁRBITROS ALUMANDO 3º E 4º DE ESO
O VENRES 10 DE FEBREIRO tocou ao alumando de 3º e 4º ESO voluntarios á formación arbitral, neste caso de gran acollida para nós e seguir formándonos. Unha gran oportunidade que nos ofrece tanto RUBÉN EIRIZ pertencente ao Comité de Árbitros de Galicia e xunto coa colaboración do Concello de Culleredo.
Foi unha gran sesión de aprendizaxe para todos/as que estamos participando co obxectivo de mellorar como persoas e deportistas nestas prácticas. O cal nos leva a realizar prácticas na liga interna que está realizando o grupo de 1º e 2º ESO nos recreos.
E esperando con emoción pola 2º FORMACIÓN ARBITRAL DE FÚTBOL!!!!
1ª FORMACIÓN DE ÁRBITROS 1º E 2º ESO
1ª FORMACIÓN DE ÁRBITROS VENRES 3 DE FEBREIRO – O alumnado de 1º e 2º ESO temos a gran oportunidade dunha formación para mellorar tanto a práctica como a organización nas ligas internas (alumnado participante de forma voluntaria). Neste caso contamos con unha persoa de gran escala para a formación, RUBÉN EIRIZ pertencente ao Comité de Árbitros de Galicia e xunto coa colaboración do Concello de Culleredo fan posible esta actividade.
Obxectivo clave: O/a árbitro/a é unha figura presente na gran variedade de deportes que se encarga de presidir o xogo e facer cumprir as regras do deporte no que participa de maneira NEUTRAL, velando pola seguridade dos xogadores/as, por manter a orde e un ambiente de respecto entre xogadores/as.
LIGAS INTERNAS 1º E 2º ESO
Neste 2º trimestre deron comezo as LIGAS INTERNAS “EMOCIÓN”, neste caso somos o alumnado 1º e 2ºESO o que participa na liga de FÚTBOL SALA. O obxectivo é aproveitar o tempo de lecer, aumentar tempo de práctica, pero sobre todo mellorar os VALORES como persoa/deportista: respecto, compañeirismo, humildade, honestidade e moitos valores máis que o deporte nos aporta. Neste caso o XOGO LIMPO é o principal nestas ligas, xa que a non deportividade leva a sancionar ao equipo que o comete.
Agradecer neste caso ao departamento de Educación Física e tamén a profesores Javi Anta e Manuel Carril que son os nosos árbitros principais, axudando a que todos nos respectemos e gocemos desta actividade.
Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo
" I Feira da CIENCIA IESEBA "
Coñéceas! 2023 ASEICA
VISITA FACULTADE CIENCIAS UDC
Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo
Exposición AI: MORE THAN HUMAN e roteiro Cidade Modernista da Coruña
MOSTRA DE XOGOS ALTERNATIVOS AOS NOSOS MAIORES!
Este luns 30 de xaneiro foi o alumnado de 1º de BACHARELATO quen puidemos gozar cos residentes do Centro día de O Burgo, neste caso acompañad@s polo departamento de EF, onde Montse e Silvia nos axudaron a elaborar unha sesión de xogos de mesa con material alternativo.
Os obxectivos eran a busca dos beneficios para a saúde:
1- Mellorar a capacidade de concentración.
2- Favorecer o aprendizaxe de novas habilidades e destrezas.
3- Adquirir hábitos de ocio para ocupar o tempo libre
4- Lograr o interese, a distracción e diversión de maneira terapéutica.
GRAZAS A TOD@S POLA EXPERIENCIA VIVIDA!!