Evitar navegación.
Principal

BOLSAS E AXUDAS

PUBLICADAS AS LISTAXES!!! AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas.

Ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

Pódense consultar as listaxes e toda a información necesaria na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

ÚLTIMOS DÍAS!!! AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS EXTRANXEIRAS

Próximo remate, o día 27 de marzo, do prazo de solicitudes de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (convocadas pola Orde do 2 de febreiro de 2017, DOG do 27 de febreiro)

 

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

BOLSAS CURSOS DE INGLÉS EN IRLANDA ESPECIAL INSITUTOS GALEGOS

V Convocatoria das Bolsas Eurolingua que permitirán a mozos e mozas galegas realizar un Curso de inglés de dúas semanas de duración en Irlanda este verán de forma completamente gratuita.

A idade mínima son 14 anos e a nota mínima requerida para optar ás bolsas son 6 puntos de media no expediente académico. Das 20 bolsas convocadas, resérvanse a lo menos 10 para mozos e mozas de institutos galegos.

INFORMACIÓN E CONVOCATORIA EN www.becaseurolingua.com

PRAZO DE SOLICITUDE ATA O 12 DE ABRIL

CONVOCATORIA CAMPUS CIENTÍFICOS 2017

No enlace https://www.campuscientificos.es , podedes consultar as bases da convocatoria de “Campus Científicos” 2017.

O Prazo de presentación de solicitude remata ás 15:00 h. do 24 de marzo.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016

Publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente acollido á Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras.

Listaxes provisionais de admitidos de 1º, 2º, 3º e 4º ESO

Listaxe de solicitudes admitidas que precisan achegar documentación complementaria

Acceso á páxina web da convocatoria

Convocatoria do fondo solidario e das axudas de libros e material escolar

Convocadas diversas modalidades de axudas para o curso 2016-17:

- Participación no fondo solidario de libros de texto (alumnado de 1º e 3º de ESO).

- Axudas para a adquisición de libros de texto (alumnado de 2º e 4º de ESO).

- Axudas para a adquisición de material escolar (todo o alumnado de ESO).

Para poder acceder ás axudas é imprescindible ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas ou co fondo solidario do curso 2015-16.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes: na conserxería do centro.

Prazo: ata o día 23 de xuño.

Máis información

Acceso directo á solicitude

Acceso directo a toda a información (DOG de 16/05/2016)

Nova convocatoria de axudas para a adquisión de material escolar (Orde do 06/11/2015 - DOG nº 214)

Convocáronse novas axudas para a adquisición de material escolar.

As axudas están destinadas ás persoas con dereito a cobralas pero que non recolleron o cheque na anterior convocatoria, ou que non presentaron a solicitude, ou que esta tiña deficienzas emendables.

O prazo remata o sábado 21 de novembro, polo que as solicitudes que se presenten no centro terán que facerse antes dese día.

Culleredo 11/11/2015

 A dirección

Acceso ó contido completo da Orde publicada Diario Oficial de Galicia.

Distribuir contenido