Evitar navegación.
Principal

BOLSAS E AXUDAS

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-21

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS CON FILLOS MATRICULADOS EN 1º ESO

Respecto das dúbidas que nos presentan sobre a compra dos tres libros de texto que non están incluídos no programa EDIXGAL: bioloxía, lingua galega e inglés, deben saber que repartiremos estes libros do fondo do instituto entre as persoas que os soliciten.

Para optar polos libros deberán cubrir e enviar o seguinte formulario: https://forms.gle/5TKVMdyWmYYDvX8k8

No caso de que a demanda sobrepase o stock terán prioridade os alumnos/as que obtiveran axudas para a adquisición de material escolar, seguidamente os demais solicitantes de axudas que non a obtiveran e por último os demais solicitantes. Dentro de cada grupo será por orde alfabética empezando pola mesma letra que saíu no sorteo público para a admisión de alumnado deste ano: primeiro apelido Tg e segundo apelido Ex.

O prazo para solicitar os libros remata o 24 de agosto.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-21

Publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais do fondo solidario e axudas de libros de texto para alumnado da ESO e con necesidades especiais.

Tamén se pode consultar a través da sede electrónica que o teña solicitado por esa canle.

Prazo para emendar deficiencias na documentación: ata o 27 de xullo inclusive.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2020-21

Aberta a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 20 de maio ata o próximo día 19 de xuño.

Información completa AQUÍ

AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2020

Publicada a ORDE do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 26 de marzo.

Toda a información sobre este programa, atópase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

BECAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA 2020-2021

Lembrade que o vindeiro 30 de outubro ás 13:00 horas remata o prazo para solicitar uha das 600 becas para estudar 1º bacharelato en Canadá ou Estados Unidos dentro do PROGRAMA DE BECAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

Pódese encontrar toda a información AQUÍ

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2019-20

Aberta a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 21 de maio ata o próximo día 21 de xuño.

Información completa AQUÍ

 

AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2019- LISTAXES PROVISIONAIS

Publicación das listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente ordenados por puntuación, e a listaxe de solicitudes que, unha vez validadas, precisan de remisión de documentación

A posición nas listaxes estará condicionada ás posibles reclamacións e, no seu caso, á presentación da documentación requirida, podendo variar entre estas listaxes e as definitivas.

Ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as solicitantes, que así o desexen, formulen reclamacións e, no seu caso, remitan a documentación refirida.

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle)

AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2019

Publicada hoxe, 20-02-2019, a orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguin-te ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. 

Orde do 4 de febreiro de 2019 (DOG)

Extracto da Orde do 4 de febreiro de 2019 (DOG)

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2018-19

Publicadas as listaxes definitivas de asignación de Fondo Libros. 

En cumprimento da Lei de protección de datos, poderanse consultar no vestíbulo do centro e a través da sede electrónica e identificándose previamente

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2018-19

Xa se pode consultar a relación provisional de admitidos e de excluidos no Fondo Libros 2018-19

Distribuir contenido