Evitar navegación.
Principal

ORIENTACIÓN

Orientación

NOVOS GRAOS NA UDC

ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!!!! NOVIDADES!!

 A#UDCnonPara, e para o vindeiro curso 2020/2021 temos tres novas propostas  de Graos, nos que traballamos intensamente e que consideramos que poden resultar moi atractivos para o seu alumnado: 

  • Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía, que se impartirá na Facultade de Ciencias-Campus A Coruña
  • Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, que e impartirá na Facultade de Economía e Empresa-Campus A Coruña 
  • Grao Aberto en Enxeñaría Industrial, que se impartirá na EU Politécnica-Campus Ferrol
 (tedes información sobre Graos abertos nunha publicación anterior neste mesmo sitio web)
 
outra novidade para o curso 2020/2021 é que o Grao en Turismo non terá custos adicionais, pasando a ser o importe da matrícula o establecido de xeito xeral para as titulacións da súa rama de coñecemento, e impartirase nas instalacións da Facultade de Filoloxía-Campus A Coruña
 
Podedes completar a información e visionar vídeos destas titulacións, na seguinte ligazón: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/graos/nova-oferta/

Podedes ver toda a oferta académica de Graos da USC e toda a Vida Universitaria na seguinte ligazón: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/index.html
 

Grao Aberto 5USC Enxeñarías

Como novidade, o próximo curso implantarase no campus de Lugo un grao aberto, denominado 5USC Enxeñarías xa que permite ao alumnado escoller libremente materias de 5 graos diferentes durante o primeiro e segundo ano de carreira para despois decidirse por unha carreira concreta no ámbito da enxeñaría.
 
Os graos son:
  • Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
  • Grao en Enxeñaría Civil
  • Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
  • Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
  • Grao en Robótica
Para máis información pincha na imaxe
 

Aínda tes subidas? ATOPA A TÚA CARREIRA

Unigow é unha plataforma que axuda ao alumnado de segundo de Bacharelato a atopar a súa carreira ideal. Trátase dunha gran comunidade de axuda entre universitarios e alumnado de Bacharelato.

Preme na imaxe

MODELOS EXAMES ABAU 2020

 

A CIUG ven de publicar os modelos de examen para este ano no que as probas de acceso á Universidade van ser algo diferentes, dadas as circunstancias. Por suposto o voso profesorado xa vos falará de cadansúa materia, pero por si queredes ir botando unha ollada... PREME NA IMAXE.

Aquí podes consultar a información nun formato máis visual:     

                                                                                              

FAMILIAS, SODES ENORMES. ESTE APLAUSO VAI POR VÓS.

Familias, moito ánimo, xa queda menos. Estádelo facendo de cine, por iso este aplauso vai por vós.

(Fai clic na imaxe para ver o contido)

XORNADAS VIRTUAIS PARA COÑECER A UNIVERSIDADE DA CORUÑA

A causa do confinamento por COVID-19, a Universidade de A Coruña celebrará unhas xornadas virtuais de portas abertas dirixidas a todo o alumnado e familias que desexen coñecer a UDC.

¿CANDO?

Celebraránse o XOVES 23 e VENRES 24 DE ABRIL

O horario será de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

 

¿QUE INFORMACIÓN PODERÁS OBTER?

Os estudantes poderedes coñecer as titulacións en detalle, interactuando cos responsables de cada grao.

A información das xornadas estará organizada por ramas de coñecemento e dará a coñecer toda a oferta d graos para o curso 2020-2021.

Tamén poderedes coñecer os servizos que ofrece o Centro de inguas, cultura, deporte, cooperación, voluntariado, medioambiente, UDC saudable, atención a diversidade, acción titorial, asociacións estudiantis, emprego...

 

¿QUE ACTIVIDADES VIRTUAIS VAS ATOPAR?


Videoconferencias en directo de cada titulación

Videos de Centros Universitarios

Videos con testemulas de alumnado matriculado e alumnado titulado

Haberá dous postos permanentes para ser guiados polas xornadas; un de información xeral e outro no que se poderán facer as consultas relacionadas co acceso e a admisión á Universidade.

Haberá un apartado especial con talleres e retos en vivo, con premios para que os consiga superar.

 

Para acceder pincha na imaxe!!

 

"MIRA...TE CUENTO"

Bo inicio de semana chic@s!!

Este luns recomendamos una web para o alumnado preuniversitario.

 “Mira…te cuento”

 

Se vos inscribides, teredes a oportunidade de que estudantes de diferentes carreiras vos conten, a través de webinars, como é a carreira que vos interesa, para que serve…ademáis poderedes preguntarlles as dúbidas que teñades sobre elas. Cada día haberá unha ou dúas conferencias sobre as diferentes carreiras universitarias.

Animádevos a participar, isto pode axudarvos a elixir, con criterio, o voso futuro!

Ánimo!

ENTREVISTA PEDRO ARMAS (CIUG) SOBRE A ABAU

Bo día, este post vai dirixido, principalmente, ao alumando de 2º de Bacharelato.

Como recordaredes, no mes de febrero acudiu ó noso centro, Pedro Armas, vicepresidente da CIUG, para dar unha charla sobre a ABAU.

Pois ben, esta semana concedeu unha entrevista a un diario galego, onde fala dos cambios na ABAU para este curso 2019-2020. Leedeo e si tedes alguna dúbida, poñédevos en contacto co departamento de orientación a través dos nosos correos electrónicos e intentaremos axudarvos.

Que non decaia o ánimo!!!! 

 

ENTREVISTA PEDRO ARMAS

NOVO TRIMESTRE. AXENDA PARA ADOLESCENTES CONFIDADOS

Bos días chic@s

Antes de nada, esperamos que vos gustara o vídeo que fixemos os profes…O IES EBA SODES VÓS!

Iniciamos hoxe o terceiro trimestre, esperando instruccións da Consellería de Educación indicando como debemos afrontar estes meses que quedan de curso, tan pronto saibamos algo, xa se vos informará.

Polo de agora, deixamosvos unha serie de recomendacións para vós, adolescentes, que vos poden axudar a afrontar esta situación que estamos a vivir.

Moito ánimo e xa sabedes que para o que precisedes o Departamento de Orientación segue con vós!

(pincha na imaxe)

Distribuir contenido