Skip to main content

Módulo profesional: Ofimática e arquivamento de documentos. Código: MP3031. Duración: 233 horas.

Unidade formativa 1: Ofimática

Código: MP3031_12.

Duración: 156 horas.

 

Contidos básicos:

Tramitación de información en liña (internet, intranet e redes LAN): Redes informáticas: redes locais (tipos e compoñentes dunha rede local); redes sen fíos; internet e intranet. Procura activa en redes informáticas.  Páxinas institucionais.

Realización de comunicacións internas e externas por correo electrónico: Procedementos de transmisión e recepción de mensaxes internas e externas. Envío e recepción de mensaxes por correo. Inclusión de documentos e ligazóns en mensaxes de correo electrónico. Medidas de seguridade e confidencialidade na custodia e no envío de información. Organización da axenda para incluír tarefas, avisos e outras ferramentas de planificación do traballo.

Uso de procesadores de texto: Estrutura e funcións dun procesador de texto. Xestión de documentos en procesadores de textos. Aplicación de formato a documentos. Utilización de patróns. Edición de textos e táboas. Inserción de obxectos. Configuración e impresión de textos.

Elaboración de documentos mediante follas de cálculo: Tipos de datos. Referencias a celas. Rangos. Follas. Libros. Utilización de fórmulas e funcións. Creación e modificación de gráficos. Elaboración de documentos de distintos tipos. Aplicación de regras ergonómicas.

Elaboración de presentación: Identificación de opcións básicas das aplicacións de presentacións.  Deseño e edición de diapositivas. Tipos de vistas. Formato de diapositivas, textos e obxectos. Utilización de patróns e asistentes. Presentación para o público: conexión a un proxector e configuración.

 

Unidade formativa 2: Arquivamento de documentos

Código: MP3031_22.

Duración: 77 horas.

Contidos básicos:

Uso de equipamentos de reprografía: Equipamentos de reprodución: tipos, compoñentes e características dos dispositivos. Identificación de incidencias elementais en equipamentos de reprografía. Funcionamento dos equipamentos de reprografía (fotocopiadora, impresora, escáner, reprodutora, perforadora, encadernadora, etc.). Software de dixitalización de documentos. Obtención de copias en formato documental e/ou dixital. Cumprimento dos procedementos de calidade na reprodución de documentos. Procedementos de seguridade na utilización de equipamentos de reprodución.

Eliminación de residuos: normativa aplicable.

 

Encadernación funcional: Equipamentos, utensilios e ferramentas de encadernación funcional: tipos, características, funcionamento e detección de posibles incidencias. Materiais da encadernación funcional: tipos, características e a súa utilización. Técnicas de encadernación funcional: corte, perforación e encadernación funcional. Equipamentos, utensilios e ferramentas de encadernación funcional en condicións de seguridade. Eliminación de residuos respectando a normativa.