Skip to main content

Informática de Oficina

Informática de Oficina

Título profesional básico en Informática de Oficina

O título profesional básico en Informática de Oficina queda identificado polos seguintes elementos:

  • Denominación: Informática de Oficina
  • Código: CBIFC02
  • Nivel: formación profesional básica.
  • Duración: 2.000 horas.
  • Familias profesionais: Informática e Comunicacións, e Administración e Xestión.
  • Referente europeo: CINE-3.5.3 (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).

A competencia xeral do título profesional básico en Informática de Oficina consiste en realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, e de tratamento, reprodución e arquivamento de documentos, operando coa calidade indicada e en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

Metodoloxía

  • Clases teórico-prácticas
  • Clases prácticas na aula-taller de informática
  • Traballo práctico individualizado e en equipo
  • Un ordenador por alumno
  • Un trimestre de traballo nunha empresa

 Un Equipo por Alumno

Os módulos deste ciclo formativo son os que se relacionan:

  • MP3009. Ciencias aplicadas I.
  • MP3011. Comunicación e sociedade I.
  • MP3012. Comunicación e sociedade II.
  • MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.

    Duración: 206 horas.
    Este módulo profesional contén a formación asociada á función de instalar canalizacións, cableamento e sistemas auxiliares en instalacións de redes locais en pequenos contornos. A definición desta función abrangue aspectos como:
        – Identificación de sistemas, elementos, ferramentas e medios auxiliares.
        – Montaxe de canalizacións e soportes.
        – Tendido de cables para redes locais.
        – Montaxe dos elementos da rede local.
        – Integración dos elementos da rede.

  • MP3019. Ciencias aplicadas II.
  • MP3029. Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.
  • MP3030. Operacións auxiliares para a configuración e a explotación.

    Duración: 205 horas.
    O currículo do módulo adecúase ó ámbito produtivo xa que contén a formación asociada á función de configurar e utilizar os compoñentes software e os recursos básicos dun sistema microinformático. A definición desta función abrangue aspectos como:
        – Configuración dos parámetros básicos dun sistema operativo.
        – Instalación de proteccións básicas.
        – Xestión de usuarios e recursos.
        – Uso de recursos compartidos.
        – Utilización de paquetes ofimáticos.
        – Configuración de navegadores e correo electrónico.
        – Utilización de servizos de internet.

  • MP3031. Ofimática e arquivamento de documentos.
  • MP3033. Formación en centros de traballo.

    Duración: 320 horas.
    No centro de traballo durante 40 días e 8 horas o día os alumnos completarán as competencias e os obxectivos xerais propios do título profesional básico en Informática de Oficina que se alcanzaran no centro educativo.

Coa obtención dun título da formación profesional básica, accédese directamente a un ciclo formativo de grao medio. Para coñecer o organigrama do sistema educativo español pode acceder o seguinte documento PDF sobre a LOMCE

Máis información:
Decreto que regula a FP Básica e currículos

Decreto que regula a FP Básica sen currículos

ORDE do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas