Skip to main content

Presentación

Presentación da Lingua Galega

PRESENTACIÓN DO DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

 

O Departamento de lingua galega está constituído por unha única profesora, Marta Fernández Alberte, que é ademais coordinadora do Equipo de normalización lingüística do IES A Cañiza.

Neste departamento impártense as seguintes materias:

1º BACHARELATO: Lingua e literatura galega (3 horas semanais)

2º BACHARELATO: Lingua e literatura galega (3 horas semanais)

2º BACHARELATO: Literatura galega do s. XX e da actualidade (2 horas semanais)

Na materia de Lingua e literatura dos dous cursos de Bacharelato, impártense contidos variados relacionados coa literatura, a gramática e a realidade social, histórica e cultural de Galiza.

O seu estudo contribúe a mellorar a competencia comunicativa do alumnado, ao desenvolvemento intelectual e a despertar o seu sentido crítico. Ademais, facilita o achegamento á sociedade social globalizada desde unha perspectiva galega, reflexionando sobre a nosa lingua, literatura e, en consecuencia, sobre a nosa cultura.

Literatura galega do século XX e da actualidade, unha das materias de libre configuración que oferta o centro, profundiza no coñecemento dos nosos principais autores e correntes literarias, contribuíndo a reforzar os hábitos de lectura e escrita, así como ao desenvolvemento da sensibilidade artística.