Skip to main content

Presentación

Presentación de Latín

Presentación Latín

LATÍN

A materia de Latín no Bacharelato ten un gran valor formativo porque achega a posibilidade de coñecer as bases lingüísticas, históricas e culturais da civilización occidental. Tamén é un apoio fundamental na aprendizaxe das modernas linguas romances faladas na actualidade. O estudo nos seus aspectos fonolóxico, morfolóxico, sintáctico e léxico ten en si mesmo un alto valor formativo como instrumento de estruturación mental para os alumnos que optasen por unha primeira especialización no campo das humanidades ou das ciencias sociais.