FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios, profesorado, programacións_______________[Despregable]
1.º ESO |
||||
Horarios | Profesores/as |
Materias | Libros dixitais | Documentos |
1.ºESO-A |
Titora RAQUEL SIERRA |
Tecnoloxía e dixitalización |
|
|
1.ºESO-B |
Titor |
Matemáticas - 1.º ESO B |
||
Serafín Álvarez |
Lingua galega e literatura | |||
Miguel Gil |
Xeografía e historia | |||
Laura Viñas |
Inglés (1ª lingua estranxeira) | |||
Miguel Poncela | Lingua castelá e literatura |
|||
Andres Pérez Rouco |
Matemáticas 1º. ESO A |
|||
Fabio G. Eiras |
Matemáticas 1º. ESO B |
|||
Marta González |
Educación plástica, visual e audiovisual | |||
Ana Palmero | Bioloxía e xeoloxía | |||
Pedro Cantero | Promoción de estilos de vida saudables | |||
Ánxela Cabanas | Francés | |||
Micaela Rei | Portugués | |||
Manuel Vales |
Relixión Católica |
|||
Rita Fernández
|
Reforzo exentos 2LE |
1.º ESO
Participación no Festival da Francofonía
Enviado por Ana Sánchez o Mar, 07/05/2024 - 21:45O alumnado de francés de 1.º e 2.º ESO, acompañados da profesora da materia Ana Sánchez, desprazouse este luns ata Vilanova de Arousa para participar no multitudinario XIII Festival da francofonía. Como en edicións anteriores encheu o pavillón polideportivo da localidade arousá encheuse de escolares de toda Galicia para compartir cancións en lingua francesa. Ademais do festival e da experiencia de convivencia, tiveron a oportunidade de visitar o Museo Valle-Inclán e mais realizaren unha navegación pola ría de Arousa.
Visita de Julia Vilariño, sombrereira
Enviado por Gonper o Xov, 25/04/2024 - 10:15Onte tivemos a sorte de recibir a visita de @julia_vilarino na biblioteca. Julia é unha muller emprendedora e artista sombrereira. Falounos de cousas como de que se sinte orgullosa de ter retomado un oficio que antes era só de homes, de que é un traballo moi sostible onde todo se aproveita, de que agora utilizanse materiais non tóxicos porque antes non era así e de aí a cousa de “ sombrereiro tolo”, do seu proceso de traballo tanto creativo como artesanal, do seu periplo vital que a levou a onde está hoxe… A visita rematou cunha chea de preguntas que o alumnado tiña preparado en base a unha lista de cotexo que ían cubrindo mentres escoitaban, pero podo dicir gratamente, que esta visita de Julia Vilariño desatou tanto interese que preguntaron fora do guión ata que rematou o tempo.
Fútbol Sala Feminino (Xogade)
Enviado por admin o Sáb, 02/03/2024 - 16:25Fútbol Sala Feminino
20 DE MARZO
Categoría Cadete
Polideportivo Municpal de Irixoa
Categoría Infantil
Polideportivo Municipal de Monfero
Cinema con perspectiva
Enviado por admin o Dom, 25/02/2024 - 13:48Dentro do programa "Cinema con perspectiva", o alumando de 1.º e 2º. ESO asistiu as últimas horas deste venres á proxección de cinco curtametraxes. A base común de todas elas foi fomentar a reflexión sobre o papel da muller na sociedade. a violencia de xénero e as desigualdades. O debate e posta en común das reflexións foi levada a cabo por María.
Festival de entroido
Enviado por olga.mcabalar o Mar, 13/02/2024 - 12:51O 9 de febreiro celebramos unha festa de entroido da man de Martín, Enar, Mario e Laura. Nela participaron todos os cursos da ESO e parte do profesorado. Os gañadores do concurso de disfraces e comparsas foron os alumnos/as de 4º da ESO. Podedes ver as actuacións neste vídeo.
Actividade dos Clubs de lectura na biblioteca
Enviado por montse.arza o Sáb, 10/02/2024 - 12:50
No novo club de lectura de 1° e 2° estamos lendo Territorio descoñecido de Luis Leante, premio Edebé.
No club de lectura de 3° comenzamos a ler O tesouro de Artabria de Juanjo Lada.
Cinema con perspectiva (1.º e 2º. ESO)
Enviado por admin o Lun, 29/01/2024 - 23:48Cinema con perspectiva
Sesión con proxección de curtas e posterior obradoiro
23 de febreiro
12:45 - 14:25
1º. e 2.º ESO
ACTIVIDADE INTERXENERACIONAL:CALQUERA TEMPO PASADO FOI MELLOR? COMO ERA A VIDA DAS MULLERES HAI DÉCADAS
Enviado por orientacion o Mér, 20/12/2023 - 01:22
Hoxe e onte, Gabriela, Loli, Herminia, Jacinto e Juan, da Asociación Apelón, chegáronse ao centro para falar de igualdade, e descubrirnos se é certo o dito de que todo tempo pasado foi mellor.
En principio descubrimos que ir á escola era unha experiencia realmente diferente a que é hoxe. Antes, chegar á escola era todo un reto, camiñar 2 kms por lameiros ou ir en barco e non ter como voltar eran realidades frecuentes. A calefacción era un luxo e un privilexio que se gozaba pouco ou nada. As aulas estaban formadas por rapazada de diferentes idades que aprendían xuntos. Nenos e nenas estaban separados, ou ben había escolas de nenos e nenas, ou había aulas de nenos e nenas. Faciase realidade o dito de "a letra con sangue entra", que permitía que as regras de madeira aterrizaran nas mans ou nos cús dos rapaces e rapazas.
Hoxe educamos en igualdade pero antes as aulas educaban para facer sentir a diferencia entre xéneros. As nenas estudaban para as actividades domésticas, e os nenos estudaban para ser profesionais remunerados. Ás rapazas na escola tiñan "materias" de costura, do fogar. Os rapaces, non.
Fóra das aulas non adoitaba haber pandillas mixtas, e en todo caso, se ían xuntos rapaces e rapazas, o que era inadmisible é que un rapaz e unha rapaza estiveran xuntos a soas. Non había redes sociais telemáticas, pero si redes sociais presenciais que se encargaban de facer chegar a información e xulgar á rapaza. A mala reputación sempre era para elas.
As mulleres nos 60 e 70, cando a dictadura, non podían facer unha chea de cousas ou alomenos sen que un home dera o visto bo: contratar a luz, ter unha nómina, saír coas amigas. Non había divorcio, a lei non recoñecería este dereito ata a década dos oitenta. Cando casabas, casabas ata que a morte separaba, polo que se a vida non era boa co teu home, a vida convertiase nunha mala experiencia sen data de caducidade. Non era so que non houbese opción ao divorcio, é que non ter un traballo remunerado, e uns estudos que facilitaran o emprego, impedían ás mulleres saír desta situación.
Cousa curiosa foi que nas décadas anteriores, na época da República, as mulleres gozaban de maiores libertades. Unha muller podía entrar nun bar sen ser xulgada, podía divorciarse. Vai ser que na nosa historia recente houbo tempos pasados mellores que os que viñeron despois.
Aprendimos que antes as mulleres eran as que vestían de luto, medio luto e alivio. E mesmo se vestían en promesa a un santo durante un ano coa mesma roupa. Ensinar o corpo...pouco o nada, o tempo dos biquinis chegaría máis tarde. Do corpo, da nosa bioloxía non se ensinaba nadiña, non se falaba da regra (á que se nomeaba en clave porque era tabú) nin do sexo, aprendíase coa experiencia propia e a dos demáis.
Os nosos maiores, recoñecen que ser neno naquel entón era unha experiencia moi diferente á de hoxe. Os nenos e nenas traballaban moito. As condicións de vida eran duras, non había nin as comodidades de hoxe nin os servizos de protección ás persoas vulnerables. Loli nos contaba como con sete anos quedou soiña na casa cando detiveron á familia coa que convivía. Imaxinade a situación!
As mulleres tiñan máis fillos que hoxe en día, non era raro ter 18 criaturas. Sobrevivir e manterse era compricado, e ás veces incluso comer da estercoleira era a opción de encher algo o estómago. Ter moitos fillos implicaba moito traballo para as mulleres, este traballo xunto co traballo na casa, no campo, na granxa, deixaba sen horas de descanso ás mulleres. Eles logo do traballo tiñan o seu tempo, elas sempre traballaban, cansadas e casadas, pola mañá, pola tarde, pola noite.
Jacinto e Juan nos recordan como houbo que loitar polos dereitos que desfrutamos hoxe. Dereito ao divorcio, dereito ao aborto, dereito a manifestarse, dereito á igualdade. Lles debemos moito aos/ás nosos/as maiores. Nada do que temos hoxe foi gratis. Defenderon as nosas libertades e os nosos dereitos. Que grandes!
Canto aprendimos hoxe, cantas cousas vellas que resultaron tan novas, que sorpresa descubrir como era a vida das mulleres, dos nenos, dos homes, hai varias décadas. Que sorte poder escoitar a historia recente contada polas nosas maiores. Grazas Apelón, sodes un tesouro ben grande!
Somos un pobo de artistas
Enviado por Serafín o Mar, 31/10/2023 - 00:12
Somos un pobo de artistas
|
Divulgación da problemática das especies de flora exótica invasora
Enviado por anapalmero o Lun, 23/10/2023 - 19:54Participación no concurso "Ciberseguridade no cole!"
Enviado por davidbouza o Mér, 18/10/2023 - 18:40
O alumnado de 1.º e 2º ESO participou esta mañá no concurso Ciberseguridade no cole! A través da aplicación Kahoot, o xogo de preguntas sobre coñecementos de informática, seguridade nas redes de datos e no uso da internet.
Nesta teraceira edición doconcurso inscribíronse unhas 200 aulas de primaria e secundaria (dos 10 aos 14 anos) correspondentes a uns cen centros educativos de toda Galicia.
Obradoiro de música e orgullo neofalante
Enviado por Serafín o Mar, 03/10/2023 - 23:23O 1 de outubro, aniversario do nacemento de Andrés Dobarro, está a ser a data elixida para celebrar o día do Orgullo Neofalante. Con ese gran obxectivo de unir música e novos falantes para a lingua galega, o alumnado de 1.º ESO asistiu hoxe ao obradoiro de creación de pódcast sobre música en galego. Foi impartido por Andrea Rico, organizado como unha das últimas actividades do servizo de dinamización lingüística da mancomunidade de concellos.
Tras un breve repaso musical desde os tempos de Andrés Dobarro ata os do Xabarín Club, escoitamos moita música galega actual.Rematamos co gran tema dos Dakidarría, "Somos un pobo de artistas". Agora tócalles aos rapaces contarnos esta historia nun próximo programa de radio. Atentos logo a Radio na Biblio.
Obradoiro de creación de pódcast sobre música en galego (1.º ESO)
Enviado por admin o Xov, 28/09/2023 - 22:01Martes, 3 de outubro
10:45 - 12:25
1.º ESO
Biblioteca
Libros de texto e material. Curso 2023-202444
Enviado por admin o Lun, 03/07/2023 - 13:49RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2023-2024 |
||||||
1.º ESO |
Programa E-DIXGAL. |
|||||
2.º ESO |
||||||
3.º ESO | Fondo solidario e axudas para material escolar |
|||||
4.º ESO | ||||||
LISTAXE COMPLETA | ||||||
1.º Bacharelato |
Banco de Libros |
|||||
2.º Bacharelato |
Actividade no Club do Mar
Enviado por admin o Lun, 12/06/2023 - 13:38Este xoves 8 e venres 9 de xuño o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO baixou ao peirao de Mugardos para realizar a última fase de achegamento ao remo co Club do Mar. Durante varias horas o alumnado foi realizando actividades de preparación de barcos e percorridos remando pola ría. Ao finalizar estas actividades non faltou o baño conxunto para ir preparándose para o verán.
Un pracer poder colaborar co Club do Mar de Mugardos e moi agradecidos pola súa axuda
Visita ao museo de historia natural
Enviado por anapalmero o Xov, 08/06/2023 - 22:46A visita ao museo da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol foi o complemento para as clases de Bioloxía e Xeoloxía do alumnado de 1.º ESO. O percorrido guiado pola exposición permitiunos un achegamento ao rico patrimonio natural e a mellor celebración do Día do Medio Ambiente que se celebrou esta semana.
Andaina e ruta matemática na Baliza do Castelo da Palma
Enviado por fgeiras o Sáb, 03/06/2023 - 13:29Na solleira mañá do venres 2 de xuño o alumnado de 1º ESO desprazouse á Baliza do Castelo da Palma para facer unha ruta matemática, utilizando a app Math City Map, na que precisaron tomar medidas e tirar do seu enxeño para descifrar os diferentes problemas formulados. Distribuíronse en grupos de tres e foron quen de ir superando tódolos retos que se lle puxeron por diante. A tarefa, deseñada en lingua inglesa, é parte das actividades que se propoñen para traballar no coñecemento dos faros da nosa contorna, dentro do Proxecto Faros (eTwinning) no que o Centro colabora con institutos de Portugal, Italia, Chipre e as nosas veciñas de Fene.
Amais, co percorrido de arredor de 5 Km, puidemos seguir dando pasos para acadar o Reto do Camiño Inglés e aproveitamos para identificar especies vexetais e animais e coñecer un poquiño mellor o noso patrimonio arquitectónico e paisaxístico.
Abofé que pagou a pena o esforzo!
Finalistas da XIII Incubadora de Sondaxes e Experimentos da SGAPEIO
Enviado por fgeiras o Lun, 29/05/2023 - 17:08
O grupo de 1º ESO B composto por Yerai, Rebeca, Adriana e Pepe foi seleccionado para defender o seu traballo "Saberías diferenciar a intelixencia artificial da intelixencia natural?" na gran final que terá lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela o vindeiro 9 de xuño. Optarán a ser campións autonómicos e representar a Galicia na final estatal de Zaragoza. Os proxectos de "Ortografía - Lectura" do grupo de 2º ESO B conformado por Mishelle, Anxo, Eva e Naim e "Reciclaxe no IES de Mugardos" de Alexander, Héctor e Jairo de 2º FPB tamén foron premiados con senllas mencións especiais. Parabéns a todas e todos polo esforzo!
FINALISTAS E MENCIÓNS |
O galego dá moito xogo (Letras Galegas, 2023)
Enviado por reicastromicaela o Lun, 22/05/2023 - 13:15Actividade na que participou o alumnado de 6º de primaria do CEIP Apóstolo Santiago de Franza e mais do CEIP Unión Mugardesa, xunto co alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Mugardos. Os participantes, divididos en grupos, comezaron coa Carreira da Lingua na que obtiñan pistas para elaborar un cadro sobre Francisco Fernández del Riego. Logo os equipos participaron en distintos xogos.
Colaborou na organización o servizo municipal de deportes e o SNL da mancomunidade.
Maios, 2023
Enviado por Serafín o Xov, 11/05/2023 - 22:38Un ano mais, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. O alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores.
Rally Matemático Sen Fronteiras 2023
Enviado por fgeiras o Mar, 11/04/2023 - 17:45Na tarde deste 11/04/2023, na volta ás aulas logo das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1º ESO B e 2º ESO B vén de participar na XXXI edición do Rally Matemático Sen Fronteiras 2023, organizado por Igaciencia.
En grupos de 8 participantes, organizáronse para resolver un total de 5 problemas de diversos eidos matemáticos. Agora toca agardar ao vindeiro 24 de abril para ver se algún grupo é seleccionado para participar na final rexional en Santiago de Compostela.
Parabéns a todas e todos polo esforzo e compromiso nesta proba.
Rally matemático 2023
Visita RadioVoz Ferrol (1.º ESO)
Enviado por admin o Lun, 10/04/2023 - 13:25Visita aos estudos de RadioVoz Ferrol
Martes, 11 de abril
Saída: 9:25 horas
Volta: 13:35 horas