FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
VIAXES DE ESTUDOS E FIN DE CURSO
Enviado por admin o Lun, 15/04/2024 - 11:50Portugal, 25 de abril (Aveiro, Lisboa, Coimbra)
21 - 26 de abril
Portugués
Patio da Universidade de Coimbra
Spring Week - Inmersión lingüística
14 - 20 de abril
Inglés
O alumnado de 4º de ESO participa no programa de inmersión lingüística "Spring Week" que se está a levar a cabo en Mondariz. Acompaña o titor Andrés Ferreira.
Spring WeeK trátase dunha experiencia lingüística que ten lugar nesta ocasión na localidade de Mondariz. Están desenvolver actividades relacionadas coas enerxías renovables, acción polo clima e sustentabilidade, empregando o inglés como lingua vehicular. Ao final da semana terán que presentar e expoñer en grupos os seus proxectos.
Asemade mellorarán as súas habilidades de traballo en equipo, comunicación na lingua inglesa, e socialización, xa que conviven con nenos e nenas doutros centros educativos de Galicia. Ademais no tempo libre realizan actividades de lecer.
Viaxe de estudos a Bruxelas e cidades belgas
11 - 15 de abril
2LE - Francés
Alumnado de francés acompañados da profesora Ana Sánchez
|
Punto laranxa
Enviado por admin o Mar, 19/03/2024 - 17:25O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato pode ser ás veces un refuxio seguro á hora de comunicar estas situacións, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA? 1. Escribe, se o desexas de maneira anónima, a túa mensaxe nun lugar onde te esteas seguro/a. 2. Localiza o Punto Laranxa . 3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no centro. Lembra que tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Formulario electrónico cuxa ligazón que atoparás en todas as paxinas da web do centro. Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo! |
Comezo da convocatoria de bolsas MEC 2024-25
Enviado por admin o Lun, 18/03/2024 - 23:13
PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?
Para alumnos/a que no curso 24/25 estean matriculados/as en:
COMO SOLICITALA?.
1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
2. REXÍSTRATE.
3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.
4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:
Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
|
Acreditación da competencia dixital (4º. ESO e 2.º Bach.)
Enviado por admin o Lun, 11/03/2024 - 12:08
Solicitude de inscrición na probra
|
A acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4ºESO e 2º de bacharelato no curso 2023/24 regulouse nas seguintes instrucións Información acreditación
Podedes facer a solicitude de inscrición das probas específicas na secretaría do centro ata o venres, 15 de marzo inclusive. |
Saída ao CITEEC e ao CIFP Someso
Enviado por fgeiras o Lun, 19/02/2024 - 21:49No día de hoxe, o alumnado de 3ºESO e do Club de Ciencias, na compaña dos profes Miguel Poncela e Fabio González, gozou dunha dobre visita na cidade da Coruña.
Dunha banda, guiadas polos investigadores Gonzalo García-Alén, Luís Pena e Luís Cea, percorremos as instalacións do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil) da UDC, onde puidemos comprobar como se está a modelar con tecnoloxía punta as inundacións e enchentes nos cursos fluviais e nas vilas galegas. Tamén nos mostraron modelos a escala para calibrar o comportamento de presas e outras infraestruturas hidráulicas. Amais, aproveitamos a visita para coñecer a Escola Técnica Superior de Enxeñeiras de Camiños, Canles e Portos, da propia UDC, onde xogamos con estruturas de diferentes tipoloxías.
Doutra banda, o profesor do Departamento de Edificación do CIFP Someso, Juan Bello, amosounos a súa popular "vieira", un edificio senlleiro proxectado seguindo os principios de bioconstrución. Tamén puidemos pasear pola mostra de fornos e cociñas solares, emprazándonos a un futuro obradoiro para aprender máis sobre deste método de cociña sustentable e respectuosa co medio ambiente.
Inicio do procedemento de admisión
Enviado por admin o Lun, 22/01/2024 - 11:51CURSO 2024 - 2025
Solicitude de Reserva
Prazo aberto
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Solicitude de reserva
1.º ESOCentros adscritos |
Solicitude de reserva
1.º BacharelatoCentros adscritos |
|
Bono Económico Alumnado Federado e Fútbol Feminino
Enviado por pcanteroc o Ven, 19/01/2024 - 09:04Desde a Xunta de Galicia habilítase unha axuda económica ás familias do alumnado que participa no Plan Xogade. No noso caso, contamos cos equipos de fútbol feminino podendo pedir estas familias este bono deportivo. Desde a web dan a entender que este bono tamén está habilitado para o alumando que ten unha ficha federativa nalgún deporte.
Este bono serve para a compra de material e equipamento deportivo para o alumno/a e a contratación de servizos relacionados coa práctica deportiva nos establecementos comerciais e entidades deportivas adheridos ao programa.
- Os bonos descárganse a través da páxina web www.bonodeporte.gal. O identificador son as iniciais do nome e apelidos seguidos da data de nacemento. Ej: Juan Boto Novo 14/12/1998 sería jbn141298.
- A descarga do bono estará dispoñible ata o 29 de febreiro de 2024. Unha vez desbloquéase disponse dese bono ata o 1 de xullo de 2024.
- Cada bono terá un valor de 120€ e valorarase como un desconto do 80% na compra ou servizo adquirido.
Teléfono para resolver dúbidas: 881996344
Correo para dúbidas: bonodeporte@xunta.gal
AVISO: número premiado no sorteo da cesta de Nadal
Enviado por admin o Mér, 27/12/2023 - 14:46
A persoa posuidora da papeleta co número 30578 pode contactar co centro a través do correo electrónico ies.mugardos@edu.xunta.gal
Entrega dos alimentos non perecedeiros a Cáritas
Enviado por admin o Mar, 19/12/2023 - 22:58
Grazas á xenerosa colaboración da comunidade educativa, un ano máis realizamos a entrega de alimentos non perecedeiros a Cáritas Parroquial de Mugardos. Grazas.
Folga estudantil (Xoves, 26 de outubro)
Enviado por admin o Lun, 23/10/2023 - 13:55O Curruncho da Ciencia
Enviado por fgeiras o Lun, 02/10/2023 - 18:10Botamos a andar.
Gústache a ciencia e sábelo!
Dende os diferentes departamentos relacionados coa ciencia do IES Mugardos, propoñeremos un calendario con actividades moi interesantes para todo o curso.
Descobriremos, investigaremos e haberá premios e agasallos pero, sobre todo, divertirémonos polos escrutables camiños da CIENCIA.
Agardámoste no primeiro recreo do vindeiro venres 06 de outubro, diante do Laboratorio.
Libros de texto e material. Curso 2023-202444
Enviado por admin o Lun, 03/07/2023 - 13:49RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2023-2024 |
||||||
1.º ESO |
Programa E-DIXGAL. |
|||||
2.º ESO |
||||||
3.º ESO | Fondo solidario e axudas para material escolar |
|||||
4.º ESO | ||||||
LISTAXE COMPLETA | ||||||
1.º Bacharelato |
Banco de Libros |
|||||
2.º Bacharelato |
Calendario da convocatoria extraordinaria (Bacharelato e FPB)
Enviado por admin o Lun, 12/06/2023 - 13:39ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6°
Enviado por orientacion o Sáb, 10/06/2023 - 10:11
Estreamos xuño cunha mañá estupenda na que tivemos a oportunidade de coñecer ao noso novo alumnado. Que ilusión!
Comezáchedes a visita deixando unha pegada nada mais entrar porque o dire invitouvos a deixar o voso nome impreso na pantalla interactiva na que vos demos a benvida.
Logo tocou pasar ao salón de actos e tomar contacto co alumnado de 1° que xa ten experiencia nisto de transitar dunha etapa a outra. Confirmaron que o que di a ori é certo. Que ides a coñecer xente riquiña, que os maiores non vos miran e se o fan será con cariño como quen mira a un cachorriño pequeno. Tamén que no centro se está ben. E que hai figuras importantes como a de delegada ou de representante de consello escolar que paga a pena ter en conta porque ofrecen unha oportunidade de participar aínda máis no centro.
Siii, temos mais materias ca na Primaria pero tampouco hai tantos cambios, poderedes con eles, vaia que si.
Nesta presentación da etapa e do centro, tamén vos fixemos entrega dunha cartiña feita polo alumnado de 1°ESO e os seus titores/as explicando como viviron este cambio.
Logo, tocou parada na cafetaría e tomar un bocatiña e unha bebida antes de descifrar as mensaxes de benvida en código Braille, e facer un xogo no que a estratexia grupal era clave.
Toca marchar xa? Noooon, antes era obrigatorio ver as que serán as vosas aulas o próximo curso, coñecer a aula de plástica, informática, o laboratorio de física e química, a aula de apoio (que ben ule), a aula de Ciclo Básico, a biblio, a sa de profes (logo xa non se poderá entrar...pero hoxe fixemos excepción), a conserxería e administración, os despachos da dirección e o departamento da ori á que espero visitedes moito.
Algún espazo quedou sen ver pero o tempo non deu para máis... ademais temos que deixar algunha sorpresa para setembro.
Coñecíchedes a algúns profes: Guillín, Marta, Rita, Barcia, Montse, Micaela, Xulio, Iria, Marga, Fabio e Raquel, e tamén alumnado de ESO, CFPB e Bacharelato.
Agora xa tendes case todo dominado, coñecedes a etapa, o centro, as normas, como será o primeiro día. So nos queda voltar a vernos o 11 de setembro, esta vez para pasar un ratiño das vosas vidas con nós!
Presentación:
Andaina e ruta matemática na Baliza do Castelo da Palma
Enviado por fgeiras o Sáb, 03/06/2023 - 13:29Na solleira mañá do venres 2 de xuño o alumnado de 1º ESO desprazouse á Baliza do Castelo da Palma para facer unha ruta matemática, utilizando a app Math City Map, na que precisaron tomar medidas e tirar do seu enxeño para descifrar os diferentes problemas formulados. Distribuíronse en grupos de tres e foron quen de ir superando tódolos retos que se lle puxeron por diante. A tarefa, deseñada en lingua inglesa, é parte das actividades que se propoñen para traballar no coñecemento dos faros da nosa contorna, dentro do Proxecto Faros (eTwinning) no que o Centro colabora con institutos de Portugal, Italia, Chipre e as nosas veciñas de Fene.
Amais, co percorrido de arredor de 5 Km, puidemos seguir dando pasos para acadar o Reto do Camiño Inglés e aproveitamos para identificar especies vexetais e animais e coñecer un poquiño mellor o noso patrimonio arquitectónico e paisaxístico.
Abofé que pagou a pena o esforzo!
Finalistas da XIII Incubadora de Sondaxes e Experimentos da SGAPEIO
Enviado por fgeiras o Lun, 29/05/2023 - 17:08
O grupo de 1º ESO B composto por Yerai, Rebeca, Adriana e Pepe foi seleccionado para defender o seu traballo "Saberías diferenciar a intelixencia artificial da intelixencia natural?" na gran final que terá lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela o vindeiro 9 de xuño. Optarán a ser campións autonómicos e representar a Galicia na final estatal de Zaragoza. Os proxectos de "Ortografía - Lectura" do grupo de 2º ESO B conformado por Mishelle, Anxo, Eva e Naim e "Reciclaxe no IES de Mugardos" de Alexander, Héctor e Jairo de 2º FPB tamén foron premiados con senllas mencións especiais. Parabéns a todas e todos polo esforzo!
FINALISTAS E MENCIÓNS |
Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Enviado por admin o Dom, 21/05/2023 - 19:46PRAZO DE SOLICITUDES: Do 20 de maio ao 21 de xuño, incluídos
FONDO SOLIDARIO: 3.º e 4º. ESO
AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: 1.º, 2.º, 3.º e 4.º ESO
ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)Para presentación electrónica, entre nesta aplicación FONDOLIBROS coa Chave 365. ou a través da sede electrónica da Xunta: Para presentación presencial: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace |
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (manuais en préstamo ao alumnado 3º e 4º de ESO)
Renda per cápita inferior a 6000 € : Seis libros de texto.
Renda per cápita inferior a 10000 €: Catro libros de texto.
De haber existencias nos fondos dispoñiblesasignaránse ata agotar existencias.
AXUDAS PARA COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR (1.º, 2.º, 3.º e 4º.ESO)
Renda per cápita inferior a 6000 € : 240 €
Renda per cápita inferior a 10000 €: 160 €
-As contías calcularanse pola renda per cápita da unidade familiar NO EXERCICIO FISCAL 2021.
DOCUMENTACIÓN sobre a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2021 (agás en caso de separación, divorcio ou casos de violencia de xénero posterior):
- Anexo II
- Copia do libro de familia onde figure o alumnado e os membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, sentencia ou convenio regulador onde conste a atribución de custodia.
- Certificado de discapacidade do alumnado ou membros da unidade familiar.
- Outra documentación que xustifique as situación específicas alegadas.
As listaxes relacionadas con este procedemento publicaranse únicamente no taboeiro de anuncios no interior do recinto escolar.
Graduación de bacharelato. Promoción 2021-2023
Enviado por admin o Sáb, 20/05/2023 - 13:41A tarde do venres,19 de maio, celebramos o acto de despedida da flamante promoción de bacharelato 2021-2023. Foi un acto emotivo para o alumnado.
Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas.
Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar.
Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados.
Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
Adiante!!!
Recoñecemento 2.º reto do Camiño Inglés
Enviado por pcanteroc o Sáb, 20/05/2023 - 13:40Este xoves entregamos o recoñecemento aos participantes que superaron os segundos 50 km simbólicos do Camiño Inglés rexistrados na aplicación Strava. O acto consistiu na entrega de diplomas, medallas e trofeos.
Parabéns aos participantes e animamos a toda a comunidade educativa a sumarse ao terceiro reto xa en marcha.