INICIO DO CURSO 2021-2022

Enviado por admin o Sáb, 11/09/2021 - 15:00

 

 

O inicio escalonado do curso 2021-2022 efectuarase de acordo so seguinte calendario e horario:

 

  Curso Día Hora
  1º E.S.O. 16 8:30
  2º E.S.O. 16 8:30
  3º E.S.O. 17 8:30
  4º E.S.O. 17 8:30
  1º Bacharelato* 15 12:30
  2º Bacharelato* 15 12:30
  Formación Profesional Básica 17 8:30

 

Cada curso presentarase no centro o día e hora asignado e permanecerá xa coa xornada lectiva habitual (ata as 14 h.). Haberá servizo de transporte escolar, por tratarse do horario lectivo habitual do centro 

 

A dirección do centro lamenta comunicar que para estes grupos non haberá servizo de transporte escolar dispoñible, ao non tratarse do horario lectivo habitual do centro.

 

PREGAMOS CONSULTEN REGULARMENTE ESTA WEB,

POR SE HOUBESE ALGUNHA MODIFICACIÓN DE ÚLTIMA HORA.

 

 

 

( categories: )

ENTREGA DE BOLETÍNS E PRAZO DE MATRÍCULA. SETEMBRO 2020

Enviado por admin o Lun, 06/09/2021 - 04:56
06/09/2021 08:53
Atlantic/Bermuda

INFORMACIÓN RELEVANTE PARA O ALUMNADO QUE TIVO QUE PRESENTARSE ÁS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO

Os Boletíns coas cualificacións das probas extraordinarias de setembro do presente curso 2020-2021 poderán recollerse na Conserxería do centro a partir das 9:30 horas do martes 7 de setembro.

O prazo extraordinario de matrícula para o curso 2021-2022 comeza o día 7 de setembro e remata o día 9 de setembro de 2021.

Recoméndase formaliar a matrícula para o vindeiro curso o antes posible.

 

 

 

( categories: )

VALES MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021-2022

Enviado por admin o Mar, 13/07/2021 - 06:19

Os/as solicitantes de vales para material escolar para o vindeiro curso 2021-2022 que aprobaron todas as materias na convocatoria ordinaria de xuño de 2021 xa poden recoller os seus vales no centro, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

( categories: )

PROXECTOS DESENVOLVIDOS DURANTE O CURSO 2020-2021

Enviado por admin o Xov, 01/07/2021 - 08:44

( categories: )

PREMIOS D3 MOBILE 2021

Enviado por admin o Xov, 01/07/2021 - 08:41

Non é a primeira vez, e tampouco será a última.

Un ano máis, alumnado do noso centro conseguiu varios premios no concurso D3 Mobile, todos eles baixo a coordenación do profesor MIGUEL ÁNGEL BARREIRO DÍAZ.

A continuación pódese ver a relación de gañadores/as e os enlaces para acceder ao visionado dos traballos premiados.

Equipos de Metrólogos:
Equipo Campeón De Galicia: D3mobile – Xunta de Galicia.
O equipo Power Women, formado por Érika Bao Castro, Noemí Vázquez Roca e Javier Mulet Mayo. Modelo 3d:
https://skfb.ly/onyGw

 

Premios Específicos:
D3mobile – Difusión Científica Usc – Ciencia en La Universidad de Santiago De Compostela.
O equipo B&W , formado por Isabela Vélez Gallego e Brais Lorenzo Uriz. Co Modelo 3d da figura dun animal, relacionado có Grupo de Investigación Análisis y Conservación de la Biodiversidad (Acbiodiv)
de la Universidad De Santiago De Compostela. Modelo 3d: https://skfb.ly/onyFW


D3mobile – Isprs (Sociedad Internacional de Fotogrametría y Teledetección)
O equipo Pataqueiros , formado por Raúl Paredes Rodríguez, Abel Pena Bondelle y Daniel García Cordeiro. Con un
modelo3d que representa o relevo de Galicia. Modelo 3d: https://skfb.ly/onyFr


D3mobile – Fundación Mujeres – Mujeres en la Arquitectura e Ingeniería
O equipo Mivecino.com ,formado por Laura Deive Enero, Lucía Villar Martíns e Yago Martínez Pena. Con un modelo 3d titulado “Pócima”, en homenaxe á bióloga española, experta en coronavirus, Isabel Sola Gurpegui (Codirectora del Laboratorio de Coronavirus del Centro Nacional De Biotecnología Del Consejo Superior De Investigaciones Científicas-CNB-CSIC). Modelo 3d: https://skfb.ly/onyGo

 

 

( categories: )

PRAZOS MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-2022

Enviado por admin o Xov, 10/06/2021 - 05:58

Datas en que se formalizará a matrícula dos diferentes cursos para o vindeiro ano académico 2020-2021:

 

ALUMNADO QUE PROMOCIONA/TITULA EN XUÑO:

CURSO DÍA
  1º ESO     30 de xuño - 1 de xullo    
  2º ESO 29 e 30 de xuño
  3º ESO 25 e 28 de xuño
  4º ESO 28 e 29 de xuño
  1º BAC 1 e 2 de xulo
  2º BAC 1 e 2 de xullo
  2º FPBásica  25 e 28 de xuño

 

RESTO DO ALUMNADO:

CURSOS DÍAS
     TODOS OS NIVEIS          Inicios de setembro (publicaránse datas nesta mesma web)    

 

 

 

 

 

Horario de atención ao público: LUNS A VENRES DE 9:30 A 13:30

 

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición material escolar 2021-2022

Enviado por admin o Ven, 21/05/2021 - 06:13

No Diario Oficial de Galicia correspondente ao 20 de maio de 2021, aparece publicada a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

 

Dadas as actuais circunstancias e en orde a garantir a seguridade dos usuarios, establécese o seguinte calendario escalonado para a petición de participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar:

PRAZO PRESENTACIÓN: do 24 de maio ao 22 de xuño

Prazo Curso actual
Curso 21/22 Concepto
do 24 ao 28 de maio
2º E.S.O. 3º E.S.O. Material escolar
do 31 de maio ao 4 de xuño 3º E.S.O. 4º E.S.O. Fondo libros e material escolar
do 7 ao 11 de xuño 1º E.S.O. 2º E.S.O. Material escolar
do 14 ao 22 de xuño 6º Primaria 1º E.S.O. Material escolar

 

 

 

 

 

 

 

Para presentación electrónica, entre na aplicación facendo clic aquí.

Para presentación presencial: enlace a Anexo I e II

 

Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace

 

Manual de usuario para os cidadáns: enlace

 

AXUDAS AO MATERIAL, TRANSPORTE E REDUCCION DA FENDA DIXITAL

Enviado por admin o Mér, 21/10/2020 - 05:30

O Concello de Guitiriz pon en coñecemento de toda a comunidade educativa que o día 19 de outubro de 2020 saíu publicado un extracto das bases de axudas ás familias para material, internet, dispositivos tecnolóxicos e transporte.

Adxuntamos AQUÍ as bases e os modelos de solicitude e anexos a cubrir por se alguén desexa demandar ou solicitar información.

Lembramos que o prazo é ata o próximo 19 de novembro.

 

SOLICITUDES:

-          PRESENCIAL: con  cita previa (por teléfono ou podese pedir a través da web)  

-          SEDE ELECTRÓNICA MUNICIPAL:  https://guitiriz.sedelectronica.gal  

 

 

( categories: )

COMEZO DO CURSO 2020-2021

Enviado por admin o Lun, 14/09/2020 - 05:10

 

 

O inicio escalonado do curso 2020-2021 queda aprazado para os días

23, 24 e 25 de setembro, segundo o seguinte calendario:

 

  Curso Día Hora
  1º E.S.O. 23 8:30
  2º E.S.O. 23 8:30
  3º E.S.O. 24 8:30
  4º E.S.O. 25 8:30
  1º Bacharelato 23 8:30
  2º Bacharelato 24 8:30
  Formación Profesional Básica 25 8:30

 

 

 

 

( categories: )

CURSO 2020-2021. MATRÍCULA SETEMBRO

Enviado por admin o Ven, 04/09/2020 - 05:32

O PRAZO DE MATRÍCULA PARA TODOS OS CURSOS

DA E.S.O., BACHARELATO E FPBÁSICA

ABRANGUERÁ OS DÍAS

 

7 e 8 de setembro

de 9:30 a 13:30

 

 

( categories: )
Distribuir contido