SORTEO ELECCIÓN MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Enviado por admin o Lun, 24/10/2022 - 07:05
24/10/2022
Atlantic/Bermuda

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establecen o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro de 2022), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do IES.

   

    A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

-      O Director ou directora do Centro.

-      Un profesor ou profesora.

-      Un pai ou nai ou titor legal.

-      Un alumno ou alumna.

-      Un representante do persoal de administración e servizos.

 

    Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 28 de outubro de 2022, ás 11:00 horas na Sala de Profesorado.

 

    Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

( categories: )

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022-2023

Enviado por admin o Mar, 18/10/2022 - 07:11
18/10/2022
Atlantic/Bermuda

 

 

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a resolución do 5 de outubro de concesión da ampliación da axuda para adquirir material escolar, na que se establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25.

As familias beneficiarias poden recoller o vale de 25€ na secretaría do centro.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría antes do 1 de decembro de 2022.

 

 

 

 

( categories: )

XUNTANZAS DE INICIO DE CURSO PARA AS FAMILIAS

Enviado por admin o Xov, 15/09/2022 - 07:11

 

Iniciamos curso novo e, xa cos primeiros pasos dados, convén que compartamos un momento para que as familias coñezan a nosa proposta polo miúdo.

Os titores e titoras recibirán ás familias do alumnado o próximo día 21 de setembro, nos horarios que se detallan para comunicar obxectivos, organización e desexos. Esperámosvos para que esa comunicación sexa interactiva!

Familias de 1º e 2º de ESO, 2º de BAC e FPBÁSICA, 16:00 horas

Familias de 3º e 4º de ESO e 1º de BAC, 17.00 horas

 

INICIO DO CURSO 2022-2023

Enviado por admin o Lun, 05/09/2022 - 07:47
05/09/2022 11:19
Atlantic/Bermuda

A presentación e inicio do curso 2022-2023 terá lugar nos días e horas indicados a continuación:

 

CURSO DÍA HORA
1º E.S.O.*      Xoves, 8 de setembro           12:30     
2º E.S.O.* Xoves, 8 de setembro 12:30
3º E.S.O. ** Venres, 9 de setembro 08:30
4º E.S.O. ** Venres, 9 de setembro 08:30
1º BACHARELATO ** Venres, 9 de setembro 08:30
2º BACHARELATO ** Venres, 9 de setembro 08:30
FP BÁSICA ** Xoves, 8 de setembro 13:00
      CICLO MEDIO SOLDADURA E CALDEIRARÍA **      Xoves, 8 de setembro 13:00

 

* Haberá servizo de transporte escolar só para o retorno ao domicilio ás 14 h.O alumnado de Ciclos con idade superior a 16 anos poderá utilizar o transporte escolar coa tarxeta XENTE NOVA.

* O alumnado de 3º e 4º de E.S.O. e Bacharelato se incorporará á actividade lectiva normal tras a presentación. Haberá servizo de transporte escolar para a entrada e a saída para o alumnado menor de 16 anos e para o maior de 16 coa tarxerta XENTE NOVA.

 

Prégase estean atentos/as a calquera modificación destes horarios, que de producirse, será publicada neste mesmo medio.

 

 

( categories: )

Libros de texto para o curso 2022/23

Enviado por admin o Mar, 26/07/2022 - 07:59

Nesta ligazón podedes acceder á listaxe de libros de texto ACTUALIZADA (setembro 2022) para o vindeiro curso. Recordade que, para toda a ESO, está asegurada a participación no programa EDixgal, polo que os materiais, en principio, son de acceso virtual, agás naquelas materias que non estean vinculadas ao programa.

Tamén podes acceder, aquí, aos materiais didácticos que se recomenda ter para cada curso.

Bo verán!

Ciclo Medio Plurilingüe de Soldadura e Caldeiraría

Enviado por admin o Ven, 22/07/2022 - 13:06

O próximo curso, no IES iniciaremos a Formación Profesional en Soldadura e Caldereiría, nun Ciclo Medio que é o paso seguinte á Formación Básica en Fabricación e Montaxe, que, nesta nova etapa, xa ten unha promoción completa.

O feito de que este ciclo sexa plurilingüe outorga ao alumnado dúas vantaxes:

  • Terá unha aproximación á aprendizaxe dunha segunda lingua estranxeira, neste caso o portugués, con profesorado e Auxiliar de conversa propios.
  • Poderá elixir facer a súa estadía de prácticas en empresas colaboradoras do país veciño.

Entendemos que esta é unha moi boa nova para o alumnado interesado nesta formación que será única en toda a contorna e unha saída profesional moi demandada na provincia.

 

Polos creativos

Enviado por admin o Ven, 22/07/2022 - 12:52
22/07/2022
Atlantic/Bermuda

Acaba de ser publicada a resolución que inclúe a listaxe de centros educativos adxudicatarios dos Polos Creativos da Consellería.

O noso centro ocupa o posto 37 dunha listaxe de 138 centros. O proxecto que presentamos pretende que o alumnado, profesorado e toda a comunidade educativa en xeral, se beneficie dunha importante dotación de material que nos achega á ciencia e tecnoloxía.

Ao longo dos próximos meses, axiña chegue a dotación, o centro modificará aulas para o traballo cooperativo, a manipulación como ferramenta de aprendizaxe e a innovación como método de traballo. Todo iso nunha intención de apertura á comunidade e optimización dos espazos como un elemento máis dos axentes educativos.

Daremos conta de como vivimos o proceso. Neste momento, alegrías para compartir.

Que son os Polos Creativos?

Axudas Adquisición Material Escolar

Enviado por admin o Mér, 20/07/2022 - 06:40

 

 

Publicadas no centro as listaxes de axudas para a adquisición de material escolar para o curso 22-23 que foron concedidas.

Os/as beneficiados/as poden pasar pola administración do IES a recoller os vales correspondentes

en horario de 10 a 13 horas.

 

 

( categories: )

Matrícula Ciclo Medio SOLDADURA e CALDEIRARÍA

Enviado por admin o Mér, 20/07/2022 - 05:50
20/07/2022 09:34
Atlantic/Bermuda

Do 19 ao 22 de xullo de 2022

 

está aberto o prazo de matrícula no

 

Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría

 

para o alumnado admitido na primeira adxudicación.

 

 

 

 

Máis información premendo no enlace.

 

 

Distribuir contido