4º Curso

Fusión artística de fotografía, poesía e música.

Enviado por nuriapena o Xov, 12/06/2014 - 05:37

Fusión artística dende o IES, fotografías realizadas polo alumnado de 4º da E.S.O. no obradoiro de fotogragfía en curso dirixido por Vari Caramés e coordinados por Nuria Pena, mesturados coa música da profesora Sandra Tenreiro  sobre o poema de X.M. Díaz Castro " Vísperas", interpretado polos alumnos de E.S.O.

 Vídeo

 

 

 

( categories: )

Fotografía en Curso. Traballo conxunto entre Música e Plástica.

Enviado por nuriapena o Xov, 05/06/2014 - 05:55

 Aqui vos deixamos un enlace ao poema musicado por Sandra Tenreiro coas fotografías feitas polos nosos alumnos no proxecto Fotografía en Curso con Vari Caramés.

É unha preciosa fusión de fotografía, poesía e música. Esperamos que a disfrutedes.

 


( categories: )

Fotografía en Curso. Obradoiro con Vari Caramés.

Enviado por nuriapena o Xov, 05/06/2014 - 05:48

  Este ano tivemos a sorte de poder participar no Plan Proxecta co programa "Fotografía en Curso" e traballar co fotógrafo Vari Caramés.

Aquí vos deixamos o enlace ao blog co noso traballo:

 

Fotografía en curso/iespoetadíascastro

EXCURSIÓN 4º DE E.S.O. MAC. XANEIRO 2013

Enviado por nuriapena o Mér, 20/02/2013 - 12:55

O pasado día 8 de Xaneiro un grupo de alumnos de 4º da E.S.O., comezamos a volta das clases visitando o Museo de Arte Contemporáneo onde inauguramos o día cunha exposición de fotografía de Henri Lartigue. Despois contemplamos unha magnífica exposición que se facía chamar: "Luces y sombras" de Daniel Canogar.  Despois de ir tomar algo rematamos a visita da mellor maneira posible:dando un paseo pola beira  do mar vendo o Museo Escultórico da Torre de Hércules.

Alumnos de 4º da E.S.O.Plástica. Sección Bilingüe.

EXCURSIÓN 4º DE E.S.O. MAC. XANEIRO 2013
( categories: )
Distribuir contido