Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O DEPARTAMENTO DE MÚSICA quere ofrecervos, para festexar este Nadal 2023 e a entrada no ano 2024, este concerto no Pazo da Cultura de Carballo, co traballo que o alumnado de música estivo a preparar con moito esforzo, espírito colaborador e entusiasmo.

Por un lado,  agradecemos á inestimable e desinteresada axuda de todo o excelente profesorado (que tanto canta, como saca fotos, vídeos, toca instrumentos, editan o material audiovisual...) e persoal non docente, xa que sempre nos fixeron  as tarefas moito máis fáciles,  con moita paciencia,  facilitando e facendo posible en todo momento a realización deste concerto de Nadal, inviable sen a súa inigualable axuda.

Por outro lado, temos moito que agradecer, á implicación do alumnado de música que fixo unha gran piña, para lograr plasmar este Concerto de Nadal, encargándose de diferentes aspectos como toda a loxística para levar todo o material, como tocar diferentes instrumentos, converterse tamén en actrices, axudantes na cabina de son, e nun sinfín de tarefas.

Outro agradecemento imprescindible é para o noso arranxador de cabeceira, Paulo Padrón Santamarina, autor de todas as pezas que tocamos, incluídas o arranxo de Noite de Paz para o Septeto Parga Pondal, como  a estrea da canción en honor a Isidro Parga Pondal, para o nacente Coro do profesorado do IES Isidro Parga Pondal.

E por suposto, non podemos esquecernos dos letristas da obra de Isidro Parga Pondal:  Xurso Souto, que fixo a letra do estribillo e do 1º retrouso, xunto coa melodía do estribillo e Lucas Espasandín autor do segundo retrouso.

Xa para rematar non podemos despedirnos sen falar de Lorena Varela Amboage, a nova incorporación ao  Departamento de Música. A súa chegada permitiu revivir vellos proxectos que estaban gardadas e que agora van cobrando vida.

Sen máis, despedímonos e desexámosvos Bo Nadal e Feliz Ano Novo