IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

O departamento de Educación Física xunto coa nosa Biblioteca Rebolo organiza hoxe unha charla de alumnas deportistas para o noso alumnado de 1ºESO na sala multiusos do noso centro. O obxectivo é que elas expoñan o seu punto de vista en canto a comparación cos mozos nas súas diferentes disciplinas.

caretl

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de lapbooks para conmemorar o vindeiro Día do Libro.
Animádevos a participar! Esperamos os vosos lapbooks!

cartel

bases

O noso alumnado de bacharelato que participa no taller da radio e tamén o alumnado coa optativa de música van facer o vindeiro venres 22 unha emisión en directo dende o Casino 1889 de Carballo. Podedes entrar, completamente de balde, ata completar aforo. Dende ás 11:00 ata as 12:30. Non volo perdades posto que haberá entrevistas, opinións, unha mesa redonda e música en directo.

cartel

 

"Noto frío. Estoy temblando. Ya no sé si temblo por el frío o de puros nervios. Estoy boca abajo. Sobre el suelo de la cocina. Desnuda y helada. La sangre sale de mi cuerpo sin parar".

Así comeza o libro de Noelia Míguez, coautora de “Ocho señales: cuestión de vida o muerte” e vítima e supervivente de violencia de xénero.

Hoxe tivemos a sorte de contar con @noedorinda para ofrecer esta impactante charla ao alumnado de Bacharelato. Noelia explicounos cales son os sinais dunha relación tóxica e como van escalando pouco a pouco nese tipo de relacións.

Despois, ao rematar, algúns dos participantes no taller da radio fixéronlle unha entrevista da que dentro de pouco farémosvos partícipes.

Grazas Noelia!

#dorifuerza #dorihistoria #proxecta+

No Día Internacional da Muller Traballadora o alumnado de 2º ESO quixo homenaxear as “mulleres traballadoras das súas vidas”. Avoas, nais, amigas … , mulleres loitadoras que fixeron fronte a unha vida dura, que nos apoian e apoiaron sempre cun amor incondicional, mulleres que traballan na casa e fóra, mulleres que deixan unha pegada imborrable nas nosas vidas.

O noso recoñecemento ás “brillantes activistas da vida cotiá” porque dende sempre as mulleres foron, son e serán un piar fundamental da nosa sociedade.

Podedes ver algún dos seus traballos no taboleiro da entrada do instituto e clicando aquí:

No centro estamos moi concienciados ca diversidade, por iso parécemos imprescindible ter unha boa formación en alumnado con TDAH.

Para iso escollemos ao mellor formador neste campo. Que é Juan Ramos, da asociación Anhida, que ademais de aprender moitísimo con el , pasámolo xenial a través de diferentes dinámicas que poderemos realizar na aula co noso alumnado.

Foi un pracer contar con Juan, xa que ademais de ser un formador moi entregado é unha excelente persoa.

Agradecer tamén o apoio recibido polo CFR de Coruña e pola asociación Anhida

 

cartel1

cartel 2

 

A resolución do 28 de febreiro de 2024 permítelle ao alumnado de 4º de ESO e de 2º de bacharelato acreditar as súas competencias dixitais en dous niveis: iniciación e intermedio.

No caso do alumnado de 4º de ESO, a obtención do título suporá a acreditación do nivel de iniciación. O alumnado que o desexe poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. Esa acreditación terá unha validez de 5 anos.

No caso do alumnado de 2º Bac. a obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. O alumnado poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio, e que terá unha validez de 5 anos.

O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
b) Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

A solicitude para presentarse á proba poderá entregarse no centro ata o día 15 de marzo.

Máis información no texto da resolución e nos ficheiros adxuntos.