Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Organizado polo Departamento de Orientación, o pasado 17 de abril, tivemos a charla ““Que non te líen, ti elixes” destinada ao alumnado de 4ºESO.

O obxectivo que se busca con esta charla é fomentar unha orientación profesional libre de estereotipos de xénero e en relación a unha elección de ciclos formativos con menor presencia de mulleres, especialmente en sectores caracterizados pola escasa representatividade feminina como son os sectores da construción, madeira, TIC, metal e mar.

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia son os creadores deste programa.

Os contidos do programa baséanse en charlas e talleres de 1 hora de duración para a reflexión e a participación do alumnado. A impartición destes contidos corre a cargo de persoal das asociacións, fundacións e clústers de sectores caracterizados pola escasa representatividade feminina: construción, madeira, TIC, metal e do mar.

#igualdad