A resolución do 28 de febreiro de 2024 permítelle ao alumnado de 4º de ESO e de 2º de bacharelato acreditar as súas competencias dixitais en dous niveis: iniciación e intermedio.
No caso do alumnado de 4º de ESO, a obtención do título suporá a acreditación do nivel de iniciación. O alumnado que o desexe poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. Esa acreditación terá unha validez de 5 anos.
No caso do alumnado de 2º Bac. a obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. O alumnado poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio, e que terá unha validez de 5 anos.
O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
b) Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.
A solicitude para presentarse á proba poderá entregarse no centro ata o día 15 de marzo.
Máis información no texto da resolución e nos ficheiros adxuntos.
Presentación da emisión en directo de Radio Rebolondas.
Lembra que podes ver o programa completo emitido días atrás no vídeo publicado na canle de YouTube.
O pasado mes de maio o alumnado do centro, dirixido polo departamento de Música, celebrou o festival da V Semana da Música. No seguinte vídeo podes ver o concerto de peche da semana.
Este próximo mércores 21 de xuño, ás 11:30, o alumnado do obradoiro de radio fará unha emisión en directo para despedir o curso.
Pódese seguir o evento en directo na canle de Youtube.
Ligazón á emisión en directo: https://youtube.com/live/QkDa57vaDVM?feature=share
A Biblioteca Rebolo organiza un concurso co motivo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de Abril)
O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro.
Trátase de dar a coñecer o teu libro favorito, tratando de encaixar a túa cara con mais ou menos técnica, graza e imaxinación. Pódense empregar tamén outras partes do corpo: mans, pernas, ombros.
QUE PRECISAS? O teu libro favorito e un teléfono móbil
DATOS: Nome e apelidos
ENTREGA: A fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico a bibliotecarebolo@gmail.com
DATA LÍMITE: 19 de abril.
Serán publicadas nas redes sociais da Bilioteca e haberá unha exposición no hall do noso centro.
HABERÁ UN PREMIAZO!!!
CATEGORÍA A: Alumnado do Centro dende 1ºESO a 2º Bac, Adultos e Ciclos Formativos
CATEGORÍA B: Resto da Comunidade Educativa do Centro
PREMIOS CATEGORÍA A:
1° premio: libro + cheque regalo de 30 euros
2º premio: libro + cheque regalo de 20 euros
3⁰ premio: libro + cheque regalo de 10 euros
PREMIOS CATEGORÍA B:
1º premio: libro + cheque regalo "relax"
Mais información:
Segundo a Orde pola que se convocan os Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21, os prazos e requisitos para a solicitude dos mesmos serán os seguintes:
REQUISITOS:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2020-2021 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.
(A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015,do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e dobacharelato na Comunidade Autónoma de de Galicia, DOG do 29 de xuño de 2015).
PRAZO DE SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes será do 27 de abril ó 26 de maio de 2021.
Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.
O período de reclamación: do 4 ao 7 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
Na seguinte ligazón poderán consultar as listaxes provisionais de admisión e exencións das probas de acceso a Grao Medio para a convocatoria 2021.
O período de reclamación será do 12 ao 16 de abril, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
Os nosos parabéns á alumna Zaira Rivadas Mourelle de 4º ESO D por ter acadado un premio accésit no XV Concurso Literario Rita Suárez Amado (Nivel II de Poesía), organizado polo IES Eusebio da Guarda da Coruña.
Animamos a todo o alumnado que teña inquietudes literarias a participar na seguinte edición.
Deixámosvos un vídeo e unhas imaxes da entrega do premio á nosa alumna Zaira, celebrada o xoves, 25 de marzo no IES Eusebio da Guarda.