Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Educación física

Os días 7 e 8 de maio o alumnado de 1º da ESO acudiu a unha xornada de escalada no rocódromo municipal da Coruña, esta actividade organizada polo departamento de Educación Física, foi dirixida por monitores da Agrupación de montañeros independientes (AMI) e patrocinada pola Deputación da Coruña, de balde para o alumnado.

Entre as dúas xornadas acudiron un total de 99 alumnas e alumnos que se iniciaron no deporte da escalada nas tres modalidades Olímpicas, e recibiron unha instructiva charla sobre as posibilidades da montaña para o desenrolo de activides deportivas e lúdicas.

Destacar o bo comportamento do alumnado durante as actividades, o noso agradecemento a o profesorado acompañante e as facilidades de todo o claustro para o desenvolvemento destas actividades complementarias fora do centro educativo.

Xa estamos desexando voltar noutras ocasións.

Ver vídeo

O pasado día 3 de abril, organizado polo Departamento de Educación Física e a Biblioteca Rebolo, tivemos unha charla sobre nutrición dirixida ao alumnado de 4º ESO. Nela, Julieta Rey Garrido (farmacéutica e dietista) falará sobre as bases da saúde, entre elas a alimentación saudable, cunha pequena explicación da importancia da microbiota, os tipos de alimentos e como combinalos para unha alimentación adecuada, e unha última parte sobre mitos alimentarios

O departamento de Educación Física xunto coa nosa Biblioteca Rebolo organiza hoxe unha charla de alumnas deportistas para o noso alumnado de 1ºESO na sala multiusos do noso centro. O obxectivo é que elas expoñan o seu punto de vista en canto a comparación cos mozos nas súas diferentes disciplinas.

caretl

No mes de Xaneiro, entre o 21 e o 27, o Departamento de Educación Física realizou unha Semana Branca coma tódolos anos. Este ano fomos á estación de Astún no pirineo aragonés. Na viaxe participaron alumnos dende 2º da ESO ata 1º de BAC. Foron un total de 63 rapaces e rapazas para disfrutar duns días de deporte e convivencia fora da casa. Tivemos moi bo tempo ainda que non moita neve, pero a suficiente para disfrutar de 5 días do placer do esquí. Quedamos moi satisfeitos da viaxe en xeral e pensamos que, a maioría deles,  tamén quedaron con ganas de repetir o próximo ano.

O mellor foi que volvemos sen lesions e iso é moi importante de cara a repetir.

Dende o Departamento estamos moi contentos da aceptación que ten esta viaxe entre os alumn@s.

Aquí deixamos un documento gráfico destes días.

Xa está aberto o período de inscrición de equipos para o torneo de Street Basket que terá lugar durante os recreos dos luns e venres no pavillón do centro para equipos da ESO e de 1º de Bacharelato.
Podedes recoller as follas de inscrición na conserxaría do centro e consultar aquí as bases do mesmo.
O torneo comezará a segunda semana de marzo, quedando o resto de días (excepto o mércores) aberto o pavillón para actividades deportivas libre controlada (os martes para 3º e 4º ESO o os xoves para 1º e 2º ESO.

torneo

normas 1normas 2

O derradeiro día de curso antes do Nadal, os alumnos e alumnas de 2º da ESO, recibiron unha charla da nosa compañeira Mariquiña que rexenta un clube de actividades de montaña chamado AMI na Coruña. A idea era ir a facer unha actividade de escalada nas súas instalacións, pero a situación actual non o permite, polo que recibiron a información no noso Instituto.
Os rapaces mostráronse moi atentos a toda a información facilitada. Falóuselle dos tipos de actividades na montaña, dos materiais empregados, dos riscos posibles e tamén os animóu a facer unha práctica cando a situación mellore.
Agardamos que sexa pronto xa que estamos moi interesados en facelo.
Moitas grazas Mariquiña!

A semana pasada tres voluntarios de protección civil de Carballo ofrecéronnos unha presentación e unha pequena práctica de Primeiros Auxilios aos alumnos de 4º da ESO.

Os alumnos mostráronse interesados nas técnicas de RCP necesarias para salvar vidas. Esperemos que non teñamos que utilizalas, pero en caso de necesidade, xa temos unha idea de que é o que podemos facer antes de que cheguen os servizos de emerxencia.

Grazas aos mozos de Protección Civil polo seu tempo